Mondoñedo, 18 de novembro de 2017.- O Concello de Mondoñedo invita a todos os veciños a adornar o exterior das súas vivendas ou zonas públicas durante o Nadal. Con esta finalidade, vén de anunciar que dende o Goberno local se porá en marcha o concurso de adornos de Nadal ‘Engalanemos as rúas da Paula’.
O edil de Educación, Alberto García, explica que a través desta iniciativa o Goberno local promove a participación activa dos veciños para “entre todos acadar no noso casco histórico e en todo o municipio un conxunto propio das datas do Nadal”.
Así, o concelleiro invita aos mindonienses a que “se sumen a esta proposta decorando a súas fachadas, portais, balcóns ou o que se lles ocorra con motivos propios destas datas tan sinaladas e entre todos promoveremos e difundiremos o espírito destas fechas nun dos municipios, candidato a integrarse en ‘Pueblos Bonitos de España’”.
Bases do concurso
As bases do concurso regulan que poderá participar calquera veciño do municipio, establecéndose dúas modalidades, a individual e a colectiva. Na primeira, intégranse todos os particulares de vivendas que adornen a súa fachada, balcóns, portal e mesmo baixantes de auga, entre outros ámbitos; mentres que a modalidade colectiva comprende ás comunidades de veciños, barrios, rúas ou prazas que decoren, por exemplo, árbores, fachadas, farois ou parques.
O xurado que elixirá os gañadores estará composto por un representante da Oficina Municipal de Rehabilitación do Casco Antigo, outro da Oficina Municipal de Turismo, así como un membro da Mancomunidade de Turismo e outro da Xunta de Galicia; ao igual que tamén o integrará un participante dunha asociación elixido por sorteo.
Entre os aspectos a valorar polo xurado atópanse as composicións e deseños acordes co Nadal e respectuosas co entorno; a iluminación variada e tamén respectuosa co entorno; a orixinalidade e a introdución de elementos tradicionais do Nadal. Ademais, recoméndase a colocación de guirnaldas con tonalidades verdes, vermellas, con dourados e prateados e a zona elixida polos participantes para ser decorada terá que ser visible dende a vía pública para poder valorarse.
Premios
O concurso repartirá dous premios na modalidade individual, un primeiro de 60 euros e un segundo de 40 euros; ao igual que na modalidade colectiva, na que se repartirán tamén 60 euros entre os participantes que acaden o primeiro premio e 40 euros entre os segundos clasificados. Ademais, Alberto García tamén explica que haberá un premio especial, o coñecido como ‘Mellor árbore de Nadal’, para a zona rural, cuxo gañador recibirá 50 euros.
Inscricións
Os que desexen participar poderán inscribirse a través do enderezo electrónico decoramondonedo@gmail.com ou no Portelo da Casa do Concello (primeiro andar). Nos dous casos haberá que indicar o nome e apelidos, o enderezo e un teléfono de contacto.
O período para anotarse abrirá o 27 de novembro e prolongarase ata o 23 de decembro. En canto á duración do concurso, este prolongarase dende o mesmo momento en que a persoa ou grupo de persoas decidan anotarse, pero nunca máis tarde do 22 de decembro e ata o día 6 de xaneiro de 2018.






















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



