A Coruña, 24 de novembro de 2017.- Marina Mayoral (Mondoñedo, 1942) ingresará o vindeiro 2 de decembro na Real Academia Galega como académica de honra. A novelista e investigadora, catedrática da Universidade Complutense de Madrid, é autora dun centenar de traballos sobre diferentes autores, entre os que destacan os dedicados a Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, que a converten nunha autoridade nos estudos centrados en ambas as escritoras. Sobre a primeira versará o discurso de entrada na RAG, titulado Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía? O académico de número Xosé Luís Franco Grande será o encargado de lle dar resposta en nome da Academia.
A cerimonia, de entrada libre ata completar capacidade, desenvolverarse na sede da propia institución (rúa Tabernas, 11 – A Coruña) a partir das 12 horas.
Marina Mayoral estudou os primeiros cursos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid. Tras exercer uns meses como catedrática de ensino secundario, iniciou a súa carreira como docente universitaria e doutorouse en 1971, con premio extraordinario, cunha tese sobre a poesía de Rosalía de Castro. A este traballo, publicado pola editorial Gredos en 1974 con prólogo de Rafael Lapesa, seguíronlle outros estudos e edicións de diferentes títulos rosalianos como En las orillas del Sar (Castalia, 1978), Follas Novas (Xerais, 1990), Obras Completas (Editorial Turner, 1993). Con eles levou o nome de Rosalía de Castro e de Galicia a tribunas académicas internacionais onde foi conferenciante e profesora convidada, como as universidades de Harvard, Brown, California, Pennsylvania, Xenebra ou La Sapienza de Roma.
O universo literario de Emilia Pardo Bazán -cuxa casa na rúa Tabernas da Coruña acubilla hoxe a sede da RAG- débelle tamén edicións e investigacións que a converten igualmente nunha das autoridades de referencia sobre a autora coruñesa.
Como escritora, Marina Mayoral é autora dunha rica e ampla obra narrativa en galego e castelán (dezasete novelas, cinco libros de relatos e 26 relatos incluídos en antoloxías estatais e estranxeiras) distinguida con sete galardóns. Parte dos seus títulos, ademais de moi reeditados, foron traducidos a varios idiomas. É o caso de Unha árbore, un adeus (Galaxia, 1988), Chamábase Luís (Xerais, 1989) e Querida amiga (Galaxia, 1995), coas que gañou o Premio Losada Diéguez de 1989 e 1996, Tristes armas (Xerais, 1994) ou Quen matou a Inmaculada Silva? (Xerais, 2009). Con anterioridade, mereceu o Premio de Ámbito Literario de 1979 por Cándida, otra vez, o Premio Novelas y Cuentos de 1980 por Al otro lado, o Premio Gabriel Sijé de 1981 por Plantar un árbol, o Premio Hucha de Oro de 1982 por Ensayo de comedia ou o Premio San Clemente de 2012 por Deseos.
A súa produción literaria chamou ademais a atención da crítica e da investigación, desde as que se lle dedicou máis dunha vintena de artigos e capítulos de libro, e mereceu a súa inclusión en varias obras en linguas inglesa sobre escritoras de España e Europa.
O articulismo é outra das facetas habituais de Marina Mayoral, autora de máis dun milleiro de columnas e recoñecida co Premio Fernández Latorre no ano 1992. O seu labor a prol dos valores culturais foi recoñecido tamén coa concesión da Medalla Castelao en 1998.




















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



