Estivo acompañado do alcalde do Concello de Cervo, Alfonso Villares, na presentación da programación da asociación cultural Ta en Artes que tivo lugar na Casa da Administración, sede do Museo Histórico de Sargadelos. O delegado amosou a disposición da Delegación Territorial a colaborar, coa asociación na difusión da súa proposta cultural, “moi innovadora, que pretende integrar arte e educación”. O Concello de Cervo tamén amosou a disposición a colaborar nesta iniciativa. Neste sentido, explicou que o Museo de Sargadelos, que depende da Xunta de Galicia, albergará unha exposición de traballos impulsados polo colectivo cos centros educativos da Mariña, e lembrou que recentemente o Edificio Administrativo da Xunta en Lugo acolleu tamén unha mostra con obras de artistas integrantes de Ta en Artes.
























A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



