Lugo, 1 de decembro de 2017. O Deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, informou que o Goberno da Deputación aprobou na Xunta de Goberno deste venres investimentos por valor de case 1 millón de euros para mellorar servizos públicos de localidades do rural de 12 Concellos lucenses. Fernández Queipo subliñou que “facémolo dentro da aposta deste Goberno por unha Deputación rural, que defende a vida no rural e do rural e que se demostra con feitos e investimentos; a diferenza doutras administracións públicas que lamentablemente empregan rural como slogan”.
A distribución deste investimento de 1 millón de euros (978.000 €) é o seguinte:
– 518.000 euros á mellora do firme dun treito de 2,2 quilómetros da LU-P-1201, de Souto de Torres a Sobrado, concretamente entre os puntos 0 e 2,2, ao seu paso por Castroverde.
– 210.000 euros á rehabilitación do pavimento dun treito de 4,3 da quilómetros da LU-P-0704 que vai do Cereixal, por Pena Maior, á Escola de Montaña de Becerreá, comprendidos entre os puntos 0 e 4,3.
– 90.000 euros á construción dunha pista de pádel cuberta e para realizar pequenas obras no polideportivo, como por exemplo, a mellora dos aseos; no Concello da Pastoriza.
– 42.000 euros á melloras viarias no núcleo rural de Sadrarín, en Ribeira de Piquín.
– 10.800 euros ao acondicionamento de vías en Castañoso, na Fonsagrada.
– 12.000 euros ao arranxo do accesos en Vilar de Subrepuzo, en Vilalba.
– 12.000 euros á mellora de accesos de entrada en Cima da Vila, en Guntín.
– 11.900 euros á rehabilitación do firme de vías de Bexán, no Saviñao.
– 18.800 euros ao acondicionamento de accesos en Vilasouto e fincas agrogandeiras no Son, no Incio.
– 35.900 euros ao reafirmado de vías na Granda, Souto e Caban, en Meira.
– 11.999 euros ao acondicionamento da vía entre a Cegoñeira e Mogueira, en Sober.
– 5.100 euros á mellora do firme no acceso ao núcleo rural de Galegos, en Riotorto.


















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



