Foz, 1 de decembro de 2017. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, explicou hoxe que, pola decisión adoptada no pleno da corporación municipal celebrado onte, a Aula da Natureza vaise manter e tentarase mellorala. Pero o rexedor focense manifesta que os partidos da oposición actúan con incoherencia porque non permiten circos con animais pero si animais en catividade en instalacións municipais. Ademais lembra que o goberno municipal socialista deixou un Aula da Natureza totalmente ilegal.
“O equipo de goberno quere informar con respecto á decisión que tomou onte o pleno sobre a continuidade da Aula da Natureza en Foz. Vai respectar totalmente a decisión que se tomou no día de onte, vaise manter e tratar de mellorar a situación da Aula, pero vemos totalmente incoherentes aos grupos da oposición. Á asociación protectora de animais coa cal quedou pactada esta moción, coa que o goberno facía caso ao que eles pedían, que era que non houbese animais en catividade en exposición en instalacións municipais, dinlle unha cousa en privado e despois no pleno votan outra totalmente diferente”, manifestou o alcalde.
Javier Castiñeira engadíu que “proba desa incoherencia é que son os partidos da oposición os que prohibiron os circos con animais e agora son os que autorizan que haxa animais en catividade en instalacións municipais. A estas incoherencias xa estamos acostumados, pero non imos admitir leccións neste asunto do Partido Socialista. Sorpréndenos moito que o señor Ramón Candia, que agora se erixe como portavoz do grupo socialista nos debates importantes, que nos chame a atención polo estado da Aula da Natureza cando eles mesmos, o señor Ramón Candia era o xefe do obradoiro que fixo esa instalación e no seu momento o Partido Socialista nos deixou un Aula da Natureza ilegal, sen ningún tipo de permisos en Medio Ambiente, con animais que non podían estar nesas instalacións, como o recordado ñandú da Ribeira, sen zonas separadas para animais enfermos, sen ningún tipo de control veterinario nin fitosanitario, sen ningún tipo de control tampouco de vacinación dos animais e sen ningún rexistro de animais”.
O rexedor focego dille a Ramón Candia que “leccións de coidado da Aula da Natureza ningunha porque os que cometeron o erro de crear un Aula da Natureza ilegal foi o grupo socialista, e os que tiveron que tratar de arranxalo foi este equipo de goberno. Agora afortunadamente, a pesar de que estamos de acordo en que as condicións son bastante complexas, está nunha situación legal e autorizada. Ademais equivocáronse totalmente na elección do lugar porque está exposto ás inclemencias do tempo, tanto ao nordés como aos vendavais, está cerca dun parque infantil, polo que xa houbo problemas no seu momento, está moi cerca dunha rúa, o que evita totalmente o descanso dos animais; é unha zona diferente á que propoñen os regulamentos. Polo tanto malas decisións no seu momento do Partido Socialista, que nos arranxamos. Por iso o Partido Popular non aceptamos as leccións do Partido Socialista. Así que, señor Candia, anote isto e á hora de falar teña algo máis de prudencia porque vostede formou parte do goberno e tamén ten moito que calar”.
Obra na avenida Álvaro Cunqueiro
Ademais Castiñeira salienta que “outro dos puntos da orde do día do pleno de onte. que saíu adiante novamente co voto de calidade do alcalde, foi a posta en marcha da licitación da obra da Avenida de Álvaro Cunqueiro. Chama a atención que novamente Partido Socialista e Plataforma se opuxeran ás propostas que fixo o equipo de goberno, especialmente cando se trataba de garantir á cualificación técnica da empresa e da oferta que presentara para conseguir a mellor calidade do proceso e para evitar que só sexan as ofertas máis vantaxosas as que teñan opción ao concurso”.
O alcalde cre que “se mellorou o prego coa moción presentada polo grupo popular, que saíu adiante pola abstención do BNG, que novamente volve estar no seu sitio e volve coller esta obra como o que é, unha obra de toda a corporación. Sentimos a negatividade dos grupos Foz Plataforma de Futuro e Partido Socialista, que parece que ultimamente están moi cerca na súa opinión e practicamente comparten o argumentario. O Partido Socialista chegou ata o punto de presentar novamente, co ánimo de bloquear este proxecto, unha moción de urxencia totalmente ilegal que volvía a propoñer a exposición ao público cando xa está iniciado o proxecto. Así que trataban de facer actos que son contrarios aos que xa tomáramos no seu momento, no último pleno extraordinario no que se decidiu aprobar o proxecto. Volven intentar confundir aos veciños o Partido Socialista e Plataforma porque queren bloquear este proxecto. Non lles gusta, non queren que se fagan obras no centro urbano, creen que politicamente non lles interesa”.
Castiñeira insiste en que “este non é un proxecto nin do Partido Popular, nin do BNG, nin da corporación. É un proxecto do pobo, dos comerciantes, dos veciños, para mellorar. Vólvolles dicir que se apunten ao carro do positivismo e que deixen ese clima que están creando a día de hoxe co novo portavoz do grupo socialista, o señor Candia, que xa ven rodado en moitos anos de goberno. Estráñanos agora que cambien da actitude positiva que tiñan na primeira parte da lexislatura a unha actitude totalmente negativa abducindo a Foz Plataforma de Futuro, que di exactamente o mesmo que o Partido Socialista”.






















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



