LUGO .- A rede de estradas dependente da Xunta na provincia de Lugo estaba totalmente aberta ao tráfico dende o mediodía de hoxe. O operativo especial disposto no territorio lucense dispuxo de máis dun cento de profesionais, que contan á súa disposición dunha ducia de camións quitaneves, e que están traballando arreo dende o día 6 de xaneiro, coincidindo coa vaga de nevadas que afectan a Galicia, do mesmo xeito que ao resto do país.
O dispositivo despregado na provincia a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a responder de xeito eficiente as condicións especiais que presentan os viais lucenses de titularidade autonómica. As condicións excepcionais deste temporal, que deparou nevadas e aparición de placas de xeo sobre o asfalto en puntos situados mesmo ao nivel do mar, obrigou a responder con celeridade para solventar os problemas que se presentaron en puntos pouco habituais como Terra Chá ou A Mariña.
A primeira hora da mañá, só nos puntos máis altos da rede era necesario o uso de cadeas nos automóbiles para transitar polas estradas, caso por exemplo do Poio, O Cebreiro e San Roque. “Co obxectivo de preservar as condicións de seguridade para os traslados pola rede viaria das estradas fronte ás inclemencias deste temporal estanse ofrecendo respostas inmediatas e eficaces mediante a retirada da neve ou a distribución de sal alí onde se requiren en cada momento”, sinalou a delegada territorial, Raquel Arias.
Nos tres días transcorridos dende o inicio deste temporal repartíronse xa preto de mil toneladas de sal polos 1.550 quilómetros de vías controladas pola Xunta en Lugo. Para elo empregáronse 11 silos estratexicamente distribuídos pola provincia. Os silos de sal están situados no Corgo, Pedrafita, Xermade, A Pastoriza, Quiroga, Begonte, Castroverde, Chantada, O Incio, e dous na Fonsagrada. Con este reparto, gáñase en operatividade, chegando canto antes aos puntos que presenten algunha dificultade para o tráfico, pero tamén procurar a eficiente distribución do material. A meirande parte dos silos teñen capacidade para albergar 60 toneladas de sal, aínda que algúns poden acoller ata 100 toneladas.
Así mesmo, Arias aludiu a que a situación nas estradas dependentes da Xunta foron subsanados e destacou á “intensidade excepcional deste temporal que afecta non só a Galicia, senón a toda España e a varios países do continente”. A delegada territorial puxo como exemplo das condicións que ata o momento deparou este temporal os peches puntuais “que se produciron na A-6, a principal arteria de conexión de Galicia coa Meseta, en estradas dependentes da Deputación na zona oriental ou mesmo nos concellos de Lugo e Santiago”.
Neste sentido, as queixas amosadas por representantes da Deputación lucense con relación ao estado dos viais dependentes da Xunta resultaron segundo Arias “un reflexo de actitudes de escasa vocación de servizo ao cidadán”. “O primeiro é estar enterados da situación e atender ás necesidades do pobo. Pero parece que hai xente que sacrifica esas prioridades para volcar pretensións políticas, chegando case ao punto de culpar á Xunta de que neve en toda Europa e existan localidades illadas en España”, concluíu.
Durante a próxima noite, as provincias de Lugo e Ourense estarán en alerta laranxa debido ás baixas temperaturas. Por este motivo, recoméndase tomar medidas de prevención e intentar evitar os desprazamentos por estrada na medida do posible, xa que as xeadas poden dificultar a circulación. De ser necesarios, é importante extremar as precaucións e consultar o estado das estradas antes de emprender a viaxe.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



