Ribadeo, 18 de decembro de 2017.- O novo plan de transporte público por autocar, deseñado pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, permitiu, na Mariña lucense, multiplicar case por catro o número de combinacións horarias e frecuencias semanais con respecto ao contrato anterior -pasarían de 89 a 318- e fixo posible incrementar de 24 a 32 as liñas que se prestan na actualidade.
Así o explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, tras facer balance dos primeiros meses de funcionamento deste plan que, cos axustes puntuais que se introduciron, supuxo unha mellora substancial deste servizo público que redunda en beneficio dos veciños da comarca e, moi especialmente, da mobilidade do rural.
Máis frecuencias, novas liñas e transporte escolar compartido
Balseiro salientou que o novo plan introduce notables melloras, como por exemplo, o aumento das frecuencias da liña que une Ribadeo con Viveiro, operada pola UTE Morán-Rodriguez, con conexións cada dúas horas, en ambos sentidos, entre as 6.45 e as 22.45 horas.
O delegado territorial tamén puxo en valor que se estableceron novas liñas como a creada para comunicar, respectivamente, os municipios de Trabada, Alfoz e O Valadouro con Burela, concellos que co plan anterior carecían deste servizo; polo tanto, a Xunta dotou a estes concellos por primeira vez dunha liña de autobús regular.
A Xunta tamén acordou a ampliación da liña que procede de Ferrol, que antes remataba en Viveiro e agora chega ata Burela, incluída a conexión co Hospital, e que introduce novas paradas en todos os concellos de paso: Viveiro, Xove, Cervo e Burela.
Pero sen dúbida, unha das novidades do plan que funcionou de xeito moi satisfactorio, foi o novo servizo de transporte escolar compartido, que permite aos veciños subirse ao bus escolar e aproveitar as prazas baleiras, beneficiándose tamén os adultos destas rutas e horarios, ata tal punto de incrementar nun 33% o número de liñas dispoñibles con respecto ao plan anterior.
A integración das liñas de transporte escolar trouxo múltiples vantaxes, xa que permite un mellor aproveitamento dos recursos públicos e fai posible multiplicar a cobertura territorial dos autocares no rural; ademais de facer economicamente viables os contratos de transporte.
Web e APP con todos os horarios e liñas
Balseiro tamén avanza que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a traballar, en coordinación coas empresas adxudicatarias para introducir futuras melloras, como por exemplo a creación dunha web e dunha aplicación para os móbiles, na que se incorporen, con actualizacións permanentes, os horarios de toda Galicia, así como a implantación do servizo de paradas á demanda.
O delegado territorial lembrou, finalmente, que esta primeira fase do Plan de transporte é consecuencia directa das renuncias da anterior empresa adxudicataria a seguir coas súas liñas. Isto obrigou á Xunta a activar de forma inmediata un procedemento extraordinario para asegurar que os cidadáns da comarca, e de gran parte da provincia de Lugo, continuasen dispoñendo dos servizos de transporte público por autocar.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



