NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que o alcalde non pode mirar para outro lado no asunto do peche dos pubs en Noitevella.
Os populares pídenlle que explique que conversas mantivo coa Guardia Civil antes e depois do acontecido.
O PP advírtelle que “é o alcalde, para o bon e para o malo” .
O PP de Burela afirmou hoxe que resulta lamentable que o alcalde de Burela saia na prensa afirmando que el non é o culpable de que se advertise ós pubs de Burela que deberían pechar na celebración de Noitevella. E resulta lamentable porque ninguén lle pideu ningunha explicación pública sobre o acontecido.
Os populares son conscientes de que é complexo garantir o dereito ó descanso co dereito á diversión, e máis complexo ainda en datas sinaladas coma as Festas de Nadal. Pero entenden que agora, pasados uns días, e cos ánimos serenos, é cando cabe preguntarse polo papel que pintou o alcalde en todo este asunto. En primeiro lugar, o alcalde non pode mirar para outro lado neste tema, porque el é o alcalde non só para cando hai que “tomar uns cafés” ou chocar as mans, senon tamén, e sobre de todo, para cando hai que dar a cara en asuntos delicados, coma por exemplo este. Un alcalde que se precie non pode “escaquerse” tal e como el o fixo.
En segundo lugar, o alcalde debe explicar que tipo de conversas, e con quen, mantivo de cara a garantir a convivencia entre o dereito ó descanso e o dereito á diversión durante as festas de Nadal. O PP, mentras estivo no goberno municipal, mantivo sempre reunións previas ás celebracións de Nadal coa Guardia Civil, coa finalidade de garantir a convivencia dese doble dereito. E cando houbo problemas, nunca naide do equipo de goberno saleu na prensa decindo que non era cousa nosa, como fixo irresponsablemente o alcalde actual.
Porque a culpa de todo o que pasa está na propia personalidade do alcalde: unha personalidade débil, dun home que nunca asume responsabilidades, que nunca tén a culpa de nada; unha personalidade ausente de carácter e falta da suficiente valentía para tomar decisións, só pode conducir a un acto de cobardía coma o que protagonizou o noso alcalde, porque dado que se explica cando non llo piden, temos que concluir que algo tén que ocultar: “excusatio non petita, acusatio manifesta”. E ademais preguntámonos para que o queremos de alcalde se non sabe estar onde lle corresponde.
Os populares lamentan que o alcalde non se puñese en contacto cos responsables dos pubs ós que se lles indicou que pecharan. Eso é o menos que tiña que ter feito, logo de coñecer as circunstancias que tiñan acontecido, se había ou non algún establecemento sancionado, etc. E nesa reunión, dar a cara, explicar as conversas que tiña mantido, decir se había ou non establecementos sancionados e por qué motivo, e mesmo fixar criterios para días tan sinalados nos que el mismo recoñece que non se cumple estrictamente a normativa vixente. Pero os responsables dos pubs ainda están agardando por esta reunión, o que merece calquera calificativo menos os de serio e responsable.
Pola contra, silencio total e oscurantismo. Como xa dixemos outras veces, este home non dialogoa porque non sabe e porque non é capaz de chegar nunca a ningún acordo.


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



