Lugo, 26 de decembro de 2017.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda realizará en xaneiro o sorteo para fixar as listas de adxudicatarios das vivendas de promoción pública na provincia. A Xunta ten neste momento 67 vivendas vacantes en 16 concellos de Lugo; 44 delas corresponden ao réxime xeral, dispoñibles en venda ou alugueiro, e 23 ao réxime especial por estar emprazadas en cascos históricos, polo que só están dispoñibles mediante alugueiro.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, ofreceu hoxe estes datos en rolda de prensa e fixo fincapé na necesidade de que todas as persoas interesadas se inscriban á maior brevidade no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida que xestiona o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), xa que na segunda quincena do mes de xaneiro se celebrarán os sorteos dos que sairán os listados de adxudicatarios dos distintos municipios.
Balseiro incidiu en que neste momento hai concellos que xa esgotaron os listados e non quedan persoas interesadas para facer chamamentos pese a ter vivendas baleiras: Esta é a situación en Becerreá -onde hai vivendas a estrear-, Chantada, Vilalba e Viveiro -con pisos en pleno casco histórico-.
O Rexistro Único de Demandantes é a base sobre a que cada principio de ano se elaboran os listados que serven para ir adxudicando as vivendas que quedan vacantes. A vixencia da inscrición é de tres anos.
As 44 vivendas vacantes no réxime xeral teñen unha superficie media de 75,48 metros cadrados; o prezo medio de venda dunha vivenda tipo oscila entre os 33.445 euros de mínimo e os 39.019 euros de máximo, e o prezo de alugueiro entre os 69,68 euros e 97,55 euros cada mes.
Están situadas nos concellos de Barreiros, Becerreá, Burela, Cervo, Cospeito, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, O Valadouro, Sarria e Viveiro.
Por outra banda, hai 23 vivendas dispoñibles nos cascos históricos de Lugo, Chantada, Lourenzá, Monforte, Ribadeo, Vilalba e Viveiro, cunha superficie media de 61,90 metros cadrados. O prezo medio de alugueiro oscila entre os 64,53 euros e 90,35 euros mensuais.
As persoas interesadas en acceder a estas vivendas deben residir ou traballar en Galicia e non ser propietarios doutra vivenda, salvo que sexa inadecuada ou insuficiente para as súas necesidades. Tamén deben acreditar uns ingresos familiares determinados, segundo opten a unha vivenda polo réxime especial (máximo 5,5 veces o IPREM) ou xeral (máximo 2,5 veces o IPREM).
Balseiro animou ás persoas interesadas a dirixirse ao IGVS para resolver as dúbidas que poidan ter, e lembrou que a solicitude de inscrición pode realizarse presencialmente ou a través da sede electrónica da Xunta.
Cada interesado pode sinalar un máximo de tres concellos na solicitude: un como preferente e dous máis como subsidiarios, que deben de ser limítrofes co indicado como preferente ou estar na mesma área de influencia.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



