Mondoñedo, 3 de xaneiro de 2018.- Mondoñedo celebra a súa Cabalgata de Reis o venres a partir das 16:30 horas. As Súas Maxestades visitarán o Hospital San Pablo e a Residencia San Rafael.
Xa dúas horas despois, ás 18:30 horas, os Reis Magos farán un percorrido polas principais rúas da cidade. Sairán da Alameda dos Remedios e estarán acompañados dos seus séquitos. Melchor, Gaspar e Baltasar farán unha ofrenda no Portal de Belén, que haberá xunto á arbore de Nadal situada na Praza do Concello. Os Reis entregaranlle ouro, incenso e mirra ao neno Xesús.
As Súas Maxestades recibirán a todos os nenos e nenas ás 19.30 horas no auditorio municipal Pascual Veiga, onde ás 20.30 horas se celebrará a interpretación ‘Cinco historias para unha man’ de Mercromina Títeres.
A Cabalgata de Reis está organizada polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Comisión de Festas dos Remedios; as asociacións Pasatempo, Xoldra e Sendeiriña así como grazas a implicación doutras empresas privadas, é o caso de Almacenes Otero, A Alianza e Abanca; ademais da Anpa da Escola de Música.