A Asociación Cultural O Castelo en colaboración co Concello de Alfoz organiza este venres 5 de xaneiro a cabalgata de reis en Alfoz. O séquito sairá da Casa da Cultura ás 16:10 e fará as seguintes paradas: Igrexa das Oiras (16:30 horas), Igrexa do Pereiro (16:45 horas), Capela do Santiago (17:05 horas), Pinguela (17:15 horas), Reirado (17:30 horas), Vilaude (17:45 horas), Igrexa de Bacoi (18:00 horas),
Trece (18:10 horas), Igrexa de Carballido (18:20 horas), Igrexa Adelán (18:35 horas) e A Seara (18:45 horas). O percorrido ten previsto finalizar no Castelo de Castro de Ouro sobre as 18:55 onde se recreará un Belén Vivinte e darase unha chocolatada. O Concello de Alfoz desexalles un feliz e própero 2018.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



