Xove 12-1-18. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.
Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.
Os/as premiados/as no Concurso, foron:
1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º : (Nº 28) IAGO REY VALE.
2º : (Nº 29) CARLA REY VALE.
3º : (Nº 60) HUGO PITA RODRÍGUEZ.
2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º : (Nº 86) CARLOTA EIJO RODRÍGUEZ.
2º : (Nº 18) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
3º : (Nº 15) AROA PITA RODRÍGUEZ.
3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º : (Nº 62) UXÍA GRADAILLE DURÁN.
2º : (Nº 55) CARLA CASABELLA PUÑAL.
3º : (Nº 72) DIANA MASEDA RIVAS.
4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º : (Nº 87) CORA BUJÁN ROUCO.
2º : (Nº 77) CARLA MARIÑO OTERO.
3º : (Nº 70) MIRIAM MEJUTO GARCÍA.
5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º : (Nº 61) KEVIN CASTRO PIÑEIROA.
2º : (Nº 54) IKER COSTA GONZÁLEZ.
3º : (Nº ) DESERTO.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



