Ribadeo, 12 de xaneiro de 2018. A academia Fórma T inaugurou este xoves a súas instalacións en Ribadeo, concretamente na rúa Deputación, número 7, baixo, e comezará a impartir clases este luns, día 15.
Na academia Fórma T, que nace co obxectivo de ser un centro de ensino integral, impartiranse clases particulares para alumnos de Primaria, ESO e BAC; de inglés e outros idiomas como francés ou alemán; e para preparar exames de galego CELGA, probas para o título da ESO e competencias clave, ademais de oposicións ás diferentes administracións. Tamén ofrecerá formación específica para empresas e organizarán cursos e xornadas formativas.
A propietaria e directora da academia, Azucena González Loredo, explicou que “pretende ser un centro de integral, tratando a formación desde o punto de vista da importancia que ten tanto a nivel de educación como para temas laborais e incluso por ocio para aprender cousas novas. Para acometer o proxecto desta forma estruturámolo en base a clases particulares, tanto de reforzo para axudar aos alumnos cos deberes como dunha materia específica ou dun grupo de materias, de ciencias ou de letras, para todos os niveis, dende Primaria ata Bacharelato incluíndo tamén a ESO. No apartado de idiomas imos empezar xa a semana que vén co inglés, que é do que máis demanda temos. Tanto en inglés como en francés ofrecemos clases particulares de apoio para alumnos dos institutos, da ESO e de Primaria e para adultos a preparación dos exames oficiais para a acreditación dos idiomas; e tamén para aquelas persoas que queiran aprender inglés para falalo ben e non para certificalo. E ofrecemos ademais clases de alemán”.
Azucena González engadiu que tamén van preparar aos alumnos e alumnas para outros títulos oficiais como os exames de CELGA e o acceso á universidade para maiores de 18 anos. Ademais destacou: “preparemos oposicións, que é outro apartado importante e ademais foi un dos primeiros motivos polos que empezamos con este proxecto. Imos empezar coas de auxiliar administrativo e queremos comezar canto antes, pechando grupos para arrancar xa a principios de febreiro. Como promoción de benvida temos matrícula gratuíta para os alumnos da preparación de oposición; vamos empezar con auxiliar administrativo da Xunta de Galicia grupo C2 e auxiliar administrativo e persoal de servizos xerais do Sergas, porque ambas as dúas ofertas públicas de emprego foron convocadas neste pasado mes de decembro e esperamos os exames cara a finais deste ano 2018 ou principios do 2019. Polo tanto son oposicións que se poden acometer a un ano vista e preparalas con certa intensidade. Esperamos poder ofrecer pronto tamén preparación para as do Sergas a nivel sanitario: auxiliar de enfermería e celador. E máis adiante teremos tamén para as de Xustiza”.
A propietaria e directora da academia Fórma T tamén considera importante “traballar a formación con empresas e colectivos a demanda. ¿Por que as empresas da zona, que son basicamente autónomos e pequenos negocios, non poden competir a nivel de formación con grandes empresas que teñen departamentos de recursos humanos e formación continua? Aquí un autónomo non pode acceder a iso e hai que buscar coordinación porque todas as empresas dun sector necesitan o mesmo, por exemplo as de hostalería. E tamén a través dos colectivos, como asociacións de comerciantes, queremos ofrecer formación para un determinado sector e que así os traballadores das pequenas empresas tamén poidan formarse. Esta é unha idea a medio prazo porque agora imos empezar con máis urxente, que son clases particulares, idiomas e preparación de oposicións”.





















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



