O alcalde, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, achegáronse ata a instalación para supervisar como van as tarefas de recuperación da temperatura da auga; logo de que a comezos de semana, unha avaría en Alcoa, provocase que a piscina quedara sen condensado; o que provocou o seu peche temporal.Tal e como apuntaron, tamén se aproveitou o cese de actividade para acometer algunhas tarefas de mantemento; e avanzaron “que aínda que os usuarios están a utilizar con normalidade o ximnasio e a sauna, aos socios só se lles pasará un recibo corresponde a medio mes”.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



