Burela 25-1-18. As seleccións de fútbol sala A Mariña Alevín e Infantil saltaran ao parqué este domingo para disputar o Torneo Amigable de Seleccións de Lugo, que repartirá as súas sedes entre Sarria e Mondoñedo.
O combinado Alevín, baixo a batuta do adestrador da Escola Celeiro-Xove FS Andrés López e de Michael Sante, de ED Lourenzá, medirase á Terra Chá, Sur-Montaña e Lugo Centro no pavillón municipal José Mario González (O Chanto) de Sarria en horario matinal. O primeiro duelo dos mariñáns será ás 11.00 horas, coa Terra Chá.
O cadro estará composto por Jorge Rodríguez, Yago Díaz e Bruno Expósito, de ED Barreiros; Iago Pérez e Mateo Deán, de ACD Xove; Rafa Cancelos, Iago López, Esther Riveira e David Gomes, de Pescados Rubén Burela FS; xunto a Lucas Suárez, Anxo Méndez e Xabier Rodríguez, de AD Santiago de Foz.
10.00 horas: Sur/Montaña-Lugo Centro
11.00 horas: A Mariña-A Terra Chá
12.15 horas: 3º e 4º posto
13.15 horas: FINAL
Co técnico do Pescados Rubén Burela FS Mario Pillado e o de ACD Xove Carlos Gonçalves, o conxunto Infantil xogará pola tarde no municipal mindoniense fronte ás mesmas seleccións; A Mariña estrearase coa Terra Chá ás 17.30 horas.
Formarán parte do equipo Kemer Monteiro, Fernando Yanes, Isaías Fidalgo, Fode Sar e Pedro Sobrado, do Pescados Rubén; Sergi Cao, da EDM Alfoz; Imerson Sánchez, do Colexio O Pilar; Raúl López, Miguel Rivas e Nerea Lombardero, de ED Lourenzá; xunto a Lucas Manzana e Brais Vidal, de ACD Xove.
16.30 horas: Sur/Montaña-Lugo Centro
17.30 horas: A Mariña-A Terra Chá
18.45 horas: 3º e 4º posto
19.45 horas: FINAL
Preselección Galicia Benxamín
Esta semana comezou a preparación de Galicia Benxamín coa participación de catro promesas burelás que xa defenderon a Selección da Mariña conquistando o título no torneo de Lugo. Walter Gonçalves, do Pescados Rubén Burela FS, e Borja Cortegaza, Mateo Domínguez e Gabriel Díaz, de Castrelo FS, adestraron onte en Miño baixo as directrices de Miguel López, do Leis Pontevedra.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
