Burela 26-1-18. A xogadora do Pescados Rubén Burela FS Judith Pedreira volverá defender a Galicia; será esta fin de semana na fase previa do Campionato de España de Seleccións Sub-21 en Redondela. “Para min é un orgullo poder defender unha vez máis a camiseta de Galicia; estou moi contenta de volver formar parte desta selección” confesaba a 15 laranxa.
“Non coñezo moito das xogadoras rivais, pero son seleccións e terán as mellores. Estou segura de que serán partidos moi rifados. Teremos que traballar e saír concentradas para sacar algo positivo” advertía Judith, con Navarra e Comunidade Valenciana como inimigas neste primeira rolda, confiando no potencial e, sobre todo, na ilusión da Irmandiña: “Somos moi novas, temos moita ilusión e ganas para dar o mellor de nós e así poder conseguir o pase á fase final e que o público tamén goce dos partidos”.
A presentación oficial da expedición laranxa tivo lugar hoxe xa en Redondela ás 11.00 horas e realizará o último adestramento ás 16.30 horas. Xunto á representante laranxa, o combinado de Pili Costa estará formado por Sandra Rodríguez, Inés Suárez, Mónica Rodal e María Gómez (Viaxes Amarelle FSF), Tamara Gándara e Carolina Agulla (ED Poio Pescamar FS), Clara Fernández (Cidade das Burgas), Antía Pérez e Nerea Lorenzo (Ourense Envialia), María González (Bembrive FS) e Receba Campos (Cidade de Pontevedra).
Pavillón A Marisma
Venres 26 de xaneiro: Navarra-Comunidade Valenciana (19.00 horas)
Sábado 27 de xaneiro: Galicia-Perdedor Navarra-C. Valenciana (18.00 horas)
Domingo 28 de xaneiro: Galicia-Gañador Navarra-C. Valenciana (12.00 horas)
Segunda volta, 3 de febreiro
As pupilas de Julio Delgado e Lucas retomarán a liga o sábado 3 de febreiro estreando a segunda volta, cun novo desprazamento a terras madrileñas, na pista do Majadahonda Afar4 FSF. O Pescados Rubén Burela FS chega ao ecuador na terceira praza (34 puntos) deixando atrás a derrota de Alcorcón (6-1): “Foi un tropezo que queda atrás. Nos adestramentos xa estamos co chip cambiado para afrontar a segunda volta con forza” explicaba Judith, pensando xa no próximo rival, ao que venceron cun axustado 6-5 en Vista Alegre: “Aquí tocounos sufrir contra elas e Madrid está sendo un destino que nos custa moito, pero iso non nos debe frear. Sabemos aprender dos erros e comezaremos a segunda volta co obxectivo de corrixilos” aseguraba con optimismo a burelista facendo unha lectura positiva do vivido esta tempada, con ganas de máis: “Acabamos ben a primeira volta en clasificación pero aínda nos falta dar ese saltiño de calidade en equipo para sacar os partidos que se nos complican. Non obstante eu creo que estando todas unidas na segunda volta poderemos dar ese pasiño adiante” concluía.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
