BURELA (FNC).- Os orzamentos do Concello de Burela para este ano contemplan un incremento salarial do 0’3% para os traballadores. Éste foi un dos asuntos abordados na mesa de negociación celebrada esta mañá.
O alcalde contou que “tivemos un encontro da mesa de negociación á que foron convocados o comité de empresa e os representes sindicais. Estivemos vendo o orzamento de 2010, que baixará un pouco con respecto ao ano pasado. Un descenso que repercutirá en moitas cuestións e hai que traballar e xestionar este ano finamente e con responsabilidade”.
Llano explicóulles que “hai previsto un incremento salarial do 0’3% para todos os traballadores e que imos procurar sobre todo a creación de emprego durante todo o ano. Hai plans de cooperación, pero tamén temos un acordo para investir neste campo o remanente de 9.000 euros que temos do complemento de productividade, e hai que tentar realizar obradoiros e cursos do plan FIP. Tamén estivemos falando dos plans de pensións e da formación. Agora tentaremos vernos de novo en febreiro para analizar as cuestións que plantexaron e para seguir mantendo unha boa relación co comité de empresa e cos representantes sindicais”.
Donación de libros
O rexedor de Burela agredecéulle á oficina de Banesto en Burela a donación de libros que fixo para a biblioteca pública municipal. Alfredo Llano sinalou que “se trata dunha enciclopedia Espasa que fará unha boa labor para a formación dos que acuden á biblioteca. Tamén donaron dous atlas, un deles universal e outro de España e tamén dous tomos de historia recente. Quero agradecerlle a Banesto o detalle que tivo con oso Concello e agardo que sexa aproveitada esta donación por todo o público que queira acudir á biblioteca”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



