XOVE .- O máis salientable desta tirada foi que as tres categorías foron gañadas por tres membros da mesma familia: en categoría senior gañou o pai Carlos Javier Rodríguez, en categoría feminina gañou a nai Dolores Baño, e en categoría Sub 18 gañou o fillo Cristian Rodríguez Baño. Ademáis disto, outros dous membros da mesma familia conseguiron premio, dado que o avó (pai de Carlos Javier e avó de Cristian) Arturo Rodríguez conseguiu o 2º posto en categoría Senior, e Lara Rodríguez (irmá de Cristian) conseguiu o 5º posto na Liga Sub 18. Ousexa, unha auténtica saga familiar.
Liga Senior.- A vitoria obtida por Carlos Javier Rodríguez permítelle pasar do 9º ao 6º posto, pero inda moi lonxe dos postos que dan acceso a podium. A verdade é que Carlos Javier Rodríguez xa empeza a ocupar un lugar na clasificación acorde dalgunha maneira á súa categoría.
Discreta xornada dos líderes, xa que dentro dos primeiros clasificados só o líder (8º) e o segundo clasificado (5º) lograron puntuar, permitíndolle isto a José Rafael González situarse só a 1 punto de Ginés, polo que as próximas tiradas van ser moi duras por ver se algún dos dous é capaz de deixar descolgado ao outro. Pola terceira posición final a loita non varía con respecto á pasada semana, dado que nin César CAncelos, nin Moisés Rodríguez nin José Manuel Cociña lograron sumar.
Liga Sub 18.- Segunda victoria consecutiva de Cristian Rodríguez, sumando tamén a bolada, o que lle permite recortar a 11 puntos a distancia co líder, que sigue sendo unha semana máis Jose Vigo con 51 puntos. Jose Vigo limita o espectacular avance de Cristian gracias aos dous segundos postos obtidos nas dúas últimas tiradas. Esta segunda vitoria de Cristian tamén lle permite alonxarse dos seus máis inmediatos perseguidores, consolidándose na segunda posición da táboa, seguido por Óscar Meitín con 32 puntos e Andrés Rodríguez e Alex Meitín con 30 e 29 puntos respectivamente. Polo tanto, nas vindeiras semanas iráse clarexando a clasificación, e verase si Cristian é capaz de aumentar a presión sobre Jose Vigo, ou se polo contrario é igualado polos seus perseguidores.
Liga Feminina.- Despois dunha impresionante racha de primeiros e segundos postos, Carmen Roca volveu a mostrarse humana e só puido sumar dous puntos, o que lle permite a Dolores Meitín, gañadora da proba, achegarse á cabeza, dado que agora están con 47 e 44 puntos respectivamente. Non nos queda dùbida, Carmen e Dolores vanse xogar o trunfo final porque están demostrando que son as mellors. Polo terceiro posto final temos unha cerrada loita na que están Salomé Bermúdez, Marta Álvarez e Concepción Piñeiro con 20, 19 e 16 puntos respectivamente.
A Vindeira tirada, e primeira da segunda volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE SAN ISIDORO DE MONTE O SÁBADO, 23 DE XANEIRO DE 2010 ÁS 15:30 HORAS.
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE SAN ISIDORO DE MONTE (23 XANEIRO 2010) ==== 36 INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 171 | 12 |
| SEGUNDO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 147 | 10 |
| TERCEIRO | MODESTO ALBO VIDAL | 145 | 8 |
| CUARTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 143 | 7 |
| QUINTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 140 | 6 |
| SEXTO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 135 | 5 |
| SÉTIMO | ARTURO VIGO CORA | 134 | 4 |
| OITAVO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 125 | 3 |
| NOVENO | FÉLIX MÉNDEZ GALDO | 123 | 2 |
| DÉCIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 118 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 68 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 154 | 6 |
| SEGUNDO | JOSE VIGO LAGE | 106 | 4 |
| TERCEIRO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 92 | 3 |
| CUARTO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 82 | 2 |
| QUINTO | LARA DOMÍNGUEZ BAÑO | 42 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CRISTIAN RORÍGUEZ BAÑO | 53 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 107 | 6 |
| SEGUNDO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 75 | 4 |
| TERCEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 57 | 3 |
| CUARTO | CARMEN ROCA CORRAL | 52 | 2 |
| QUINTO | DOLORES PÉREZ MIGA | 51 | 1 |





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



