Ribadeo, 26 de febreiro de 2018. Acisa Ribadeo convoca o VIII Concurso Fotográfico Día do Pai no que repartirá 500 euros en premios.
O eslogan elixido para a oitava edición do certame é O amor por un pai non ten prezo, pero si premio. Os traballos poderán presentarse a través do Facebook de Acisa Ribadeo dende o 2 ata o 18 de marzo.
As bases da convocatoria deste concurso recollen que poden participar todas as persoas maiores de idade que o desexen. Os traballos presentados non puideron ser publicados previamente en revistas, xornais, libros impresos ou sistemas on line. Tampouco puideron ser obxecto de ningún outro premio fotográfico. As devanditas bases pódense consultar no Facebook, na web de Acisa ou nas súas oficinas, sitas na Avenida de Galicia, nº 20-2ª planta.
As fotografías elixidas deben ter unha resolución de 2MPX (1920×1080) para a súa posterior impresión e exposición.
As imaxes débense subir á páxina do Facebook de Acisa, mediante a app que se instala para tal efecto e que xa está visible desde hoxe. Deberán indicar un título da obra e o seu correo electrónico e teléfono no lugar que se lle solicite. As persoas que se vexan na fotografía deberán ter un vínculo familiar, e entenderase que no caso de saír menores, a fotografía foi sacada coa autorización dos seus pais ou titores legais, que no caso de non ser os que saian na fotografía, deberán expresar o seu consentimento.
A aplicación no facebook comezará a funcionar dende as 00:00 horas do día 2 de marzo, e desde ese mesmo momento as fotos poderanse subir á plataforma. O prazo máximo de envío será as 23:59 horas do día 18 de marzo, que será cando a app do Facebook deixe de admitir imaxes, e nese mesmo momento saberase o gañador do premio do máis votado polos seguidores do Facebook de Acisa.
As fotografías terán un período de exposición pública no lugar creado a tal efecto na páxina do Facebook de ACISA Ribadeo, ao que se poderá acceder a través do seguinte enlace: https://www.facebook.com/acisaribadeo.
Durante ese prazo, que irá do 2 ao 18 de marzo, terá lugar a votación popular que dará lugar ao Premio do Público. Entre as 20 imaxes máis votadas na aplicación (agás a gañadora do Premio do Público), realizarase unha selección por parte do xurado das tres mellores, entre as que sairá o Premio do Xurado.
A publicación oficial realizarase o día 19 de marzo nas redes sociais e nos medios de comunicación. O xurado reunirase ese día e estará composto por representantes da asociación e fotógrafos profesionais asociad@s.
Haberá un único premio do público que estará dotada de 200 euros en vales de compra de Acisa, e no Premio do Xurado haberá un primeiro premio de 150 euros en vales de compra de Acisa, un segundo premio de 100 euros en vales de compra de Acisa, e un terceiro premio de 50 euros en vales de compra de Acisa. O galardoado deberá responder á chamada telefónica que se realizará dende as oficinas da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, tras o veredicto do xurado. Realizaranse tres intentos e no caso de non atender á chamada pasarase ao seguinte seleccionado.
As fotografías premiadas e as presentadas poderán ser utilizadas nas diferentes plataformas de difusión de Acisa, co único obxecto de promocionar a fase participativa do concurso.
Desde Acisa animan “á participación neste certame que chega xa a súa oitava edición” e lembran que “a directiva en funcións segue a traballar, como demostra a posta en marcha da campaña do día do pai”.
O proceso electoral para proceder á renovación da xunta directiva de Acisa ábrese o 1 de marzo e o día 12 dese mes ás sete da tarde deberán estar inscritas as candidaturas participantes neste proceso. As eleccións, que foron convocadas na pasada asemblea xeral ordinaria, terán lugar o 19 de marzo.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



