A Mariña, 27 de febreiro 2018. No pleno celebrado esta mañá na Deputación de Lugo prosperou a moción presentada polo Bng demandando melloras na rede viaria estatal mariñá. A axilización na adxudicación e execución das obras de rexeneración e reafirmado da N-642 centrou parte do debate, “pois é de urxente necesidade a reparación deste vial, así como a reparación da N-634, e mentras tanto non se fai efectiva, é obriga do Ministerio de Fomento, mantela nunhas mínimas condicións de seguridade”, argumentou o deputado nacionalista Antonio Veiga, que incidíu tamén na proposta de prolongar o terceiro carril na subida á Xesta, tal como reivindicaron xa o sábado pasado no p.k. 596 membros do Bng e veciñ@s de Mondoñedo e da comarca, ao ser esta unha vía alternativa para moitos usuari@s e transportista diante dos continuos peches do Fiouco sen que ata o momento se concretara ningunha das ideas que se pensaban recoller no concurso para o que destinaron nin mais nin menos ca 6 millóns de euros. Según o deputado nacionalista é moi sospeitoso, e evidencia a despreocupación do goberno pola comarca que despois de ser aprobada por unanimidade no concello de Mondoñedo en 2015 a proposta do Bng de prolongar o terceiro carril, non fose executada ata o de agora nin se saiba nada diso.
O Bng insta aos demais grupos políticos a defender no Congreso dos Deputados o desbloqueo da autovía Barreiros – San Cibrao, e que demanden as suficientes partidas económicos para iso nos orzamentos de 2018
Para o Bng, este acordo unánime non pode quedarse neso, nunha simple votación, por iso Veiga demandou de PP e PSOE, e tamén dos outros grupos que non tenen representación na deputación, pero sí no congreso dos deputados, un compromiso firme con esta comarca á hora de debater os orzamentos do 2018, para que defendan a consignación orzamentaria suficiente para iniciar os tres tramos previstos da autovía Barreiros – San Cibrao, “porque efectivamente, están en procesos de licitación ou de redacción os proxectos construtivos, pero de nada vale se non hai consignación económica para a súa execución”, manifestou.
O deputado mariñán referiuse tamén á marxinación desde hai décadas, da comarca da Mariña, cando aillaron a unha parte moi importante da mesma ao desviar a Transcantábrica (A-8) hacia Vilalba, deixando á zona occidental mariñá totalmente descolgada, con estradas de hai cincuenta anos e agardando ano tras ano polo prometido corredor San Cibrao – Ferrol


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



