Nun momento de crise económica como o actual non se trata de recortar os servizos públicos senón todo o contrario. É preciso que as institucións agudicemos o enxeño para poñer en marcha medidas estratéxicas que axuden a mellorar a economía da provincia, de tal xeito sexamos un punto de apoio para os nosos autónomos, os nosos gandeiros, os nosos pescadores… en definitiva, para todo tecido empresarial da provincia.
Dende a Deputación de Lugo fixemos un grande esforzo por aumentar o Orzamento Xeral de 2010. Supera os 143.600.000 euros, o que supón un incremento dun 1,10% mais que en 2009. É un presuposto estratéxico para a provincia e está pensado para dar cumprimento ó primeiro Plan Estratéxico Provincial concluído en decembro, e que dá unha visión real e global de Lugo.
A que destinaremos estes cartos? En primeiro lugar, a cooperar máis ca nunca cos 67 Concellos. As entidades locais están atravesando a peor crise económica dos 30 anos de gobernos locais democráticos e necesitan equipamentos sociais e crear postos de traballo para afrontar a crise demográfica que leva décadas castigando a esta provincia. Neste senso, poremos fin a débedas históricas, destinando partidas específicas para os municipios afectados polo canon hidroeléctrico, o mantemento dos parques de bombeiros e dos hospitais, que neste último caso, gustaríame lembrar que, debido á paralización do Presidente da Xunta no proceso de transferencias hospitalarias, a de Lugo segue a ser a única Deputación de España con hospitais ó seu cargo; unha situación que nos obriga a destinar 11,5 millóns de euros neste Orzamento.
Lugo entrará de cheo nas novas tecnoloxías co programa Innova-TE, tal e como reflicte o Presuposto, pero tamén continuaremos traballando cos municipos fronte a unha anterior Deputación que lles negaba a cooperación. Exemplos a desenvolver en 2010 desta colaboración son a contratación conxunta do subministro eléctrico, a análise do ciclo da auga, a contratación para a actualización dos datos catastrais, o POS, o plan de pequenas infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes, o Plan Urban, e crearemos unha nova partida só para rúas nos municipios que supera os 2 millóns de euros.
O orzamento tamén está orientado a fortalecer o sector agrogandeiro, a verdadeira columna vertebral da economía lucense que urxe un modelo produtivo máis rendible, e que obterá da Deputación o primeiro centro público de recría de gando de España, cifrado en máis de 10 millóns de euros. Ademais, tamén está dirixido a potenciar o turismo, porque non nos conformamos con transformar o Xacobeo en beneficios para a provincia, senón porque queremos un modelo de turismo sostible e de futuro que supere a propia celebración do Ano Santo.
Creo que soubemos xogar con todas as pezas que conforman a Deputación para conseguir un aumento do Orzamento Xeral, acentuando a actividade do organismo provincial onde realmente somos útiles á provincia. É dicir, ós veciños dalles igual que parte do organismo provincial lles solucione o problema: se o Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), a propia institución, a Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA)… o que queren é solucións, e na Deputación darémosllelas.


















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



