Nota de Prensa
Os populares afirman que o Delegado do Goberno descoñece as alegacións presentadas por Burela polo trazado do corredor Barreiros-San Cibrao.
Pablo Pernas, Manuel Fernández e Luis Pedre lamentan o silencio do alcalde sobre a posible entrevista co Ministro de Fomento.
Lembran que o edificio de Capitanía foi xestionado polo PP.
O GMPP de Burela afirmou hoxe, a través dos seus concelleiros Pablo Pernas, Manuel Fernández e Luis Pedre, que “o delegado do goberno en Galicia, Antón Louro, demostrou durante a súa presencia en Burela no día de onte que non coñece as alegacións presentadas polo Concello de Burela sobre o trazado do corredor San Cibrao-Barreiros. Polo tanto, quedámonos como estábamos”.
Os tres concelleiros populares, que asistiron onte á reunión mantida no concello co Delegtado do Goberno Antón Louro, indicaron que “durante a reunión mantida polo delegado con membros da corporación, o alcalde non abreu a boca para interesarse pola tramitación das alegacións presentadas polo Concello de Burela, hasta que, xa aberto o turno de preguntas, Nieves Cando preguntou sobre o asunto, e nos atopamos con que o Sr. Louro só acertou cando dixo que se estaban resolvendo as alegacións, pero que descoñecía as presentadas polo Concello de Burela. Creemos que a sorpresa foi xeneral menos para o alcalde, porque gran parte dos presentes agardábamos unha resposta que clarificara o futuro, ainda que fose minimamente”.
As conclusións que saca o GMPP son claras, segundo Pernas, Fernández e Pedre: “Polo tanto, temos que concluir que o alcalde no seu momento non informou ó delegado do goberno, ainda que el manifestase publicamente o contrario, e que mui posiblemente tampouco nunca se solicitou en serio a entrevista co Ministro de Fomento. Po eso, se sabe algo máis de todo este asunto, deberá aclaralo publicamente, porque da reunión de onte moitos salimos coa sensación que en todo este asunto das alegacións sobre o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao traballamos moitos, pero entre eles non se inclúe precisamente o alcalde. De non dar esas explicacións, pensaremos que o alcalde nos está enganando a todos os que fixemos propostas para as alegacións e en conxunto a todos os veciños”.
Por outra banda os populares afirman que “o proxecto de Capitanía foi iniciado polo PP em 2006 e o retraso na execución do mesmo xá é considerable, polo que confiamos que os prazos que dá o alcalde se cumplan e non aconteza como acontece a miúdo, que sempre se equivoca”.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



