A MARIÑA .- A sección mariñán da Plataforma Queremos Galego valorou de xeito moi positivo o altisimo seguimento que tivo a xornada de folga convocada hoxe pola Plataforma Cidadá que no nível do estudantado acadou case un do 90% de participación, aumentando esta cifra no ensino secundario e de xeito moi particular no bacharelato, e que entre o profesora sitúose arredor do 80%. Neste sentido desde Queremos Galego indicaron que tanto no ensino secundario ou primario o paro foi case do 100 como no Colexio de Covas, no número 1 de Foz ou no IES de Xove por poñer só uns exemplos. Segundo Dores Fernández Abel “o altísimo seguimento da folga ven demostrar que a grande maioría da comunidade educativa rexeita a política linguicida do PP. Hoxe o profesorado, os pais e os escolares de Galiza formularon o autentico referendo sobre o galego no ensino”
Na mesma liña desde Queremos Galego quixeron facer unha valoración moi positiva da altísima asistencia Mariñán a histórica manifestación que na mañá de hoxe percorreu as rúas de Compostela para rematar na Praza de Obradoiro que se quedou pequena para acoller aos manifestantes que acudiron do conxunto do País. Fernández Abel que cifrou nunhas mil persoas as persoas da Mariña que se desprazaron a Compostela recordou ”que foron sete os autobuses que saíron da Mariña en dirección a Compostela a marxe de centos de persoas que acudiron en vehículos particulares, galegos e galegas libres, que acudiron sen máis coacción que a que lle impón un Goberno que pretende impedirlle utilizar a súa lingua”
“Nos non imos entrar en ningún baile de cifras sobre o degrao de seguimento da folga, abondaba con darse unha volta polos centros educativos da Comarca para poder comprobar a canto ascendeu a participación” afirmou Fernández Abel quen asegurou que a plataforma cidadá vai seguir adiante coas medidas de presión até que o Goberno de Feijoo volva o consenso. “ Non é de recibo que a Consellaría de Educación pretenda impedir que o estudantado galego remate os seus estudos obrigatorios sen sen ser competente na súa propia lingua, tal como recollen numerosos informes, que cifran nun 20% os rapaces e rapazas entre 14 e 19 anos que son analfabetos funcionais en galego” recordou a Portavoz de Queremos Galego na Mariña.
Fernández Abel fixo referencia ao toque de atención que a sociedade galega lle deu na xornada de hoxe a política lingüística da Xunta de Galiza e urxiu ao Goberno de Feijoo a que volva ao consenso sobre o idioma expresado polo Plano de Normalización Lingüístico aprobado por unanimidade no Parlamento de Galiza. “Non podemos consentir que desde unha institución que nace ao abeiro dunha lei orgánica”, en referencia a Xunta, “que entre os seus obxectivos se marca a promoción da lingua galega, se proceda agora a un ataque contra o idioma sen precedentes desde o final do franquismo” afirmou Fernández Abel, quen recordou a crítica situación que vive o idioma galego nomeadamente nos ámbitos urbanos e nos segmentos máis novos da sociedade galega.
A Voceiro de “Queremos Galego”, que destacou a importante presenza de xente moza no cortexo mariñán e no conxunto da manifestación, afirmou que a mobilización fixo patente a vontade de amplos sectores da nosa sociedade de “ transformar en enerxía a prol da defensa do noso idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, a gran preocupación que a actual política lingüística do goberno galego ten creado en amplos sectores da sociedade. Instamos ao noso pobo a moverse a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua”.
A Portavoz de “Queremos Galego” fixo fincapé “na difícil situación que está a vivir a lingua neste momento concreto. A ese estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elaborados até o momento, únese un elemento non menos grave: as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta xa desde os primeiros días da lexislatura”. Fernández Abel chamou “a transformar en enerxía a prol da defensa do noso idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, a gran preocupación que a actual política lingüística do goberno galego ten creado en amplos sectores da sociedade. Instamos ao noso pobo a moverse a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua”.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



