Burela, 3 de abril de 2018.- O PP de Burela considera que, no pleno de onte, quedou demostrado que o xeito de facer cultura no Concello pasa por organizar actos “a diestro e siniestro, gastando os cartos que non se teñen, sacando cartos de servizos públicos básicos, e privando a outras áreas municipais dos fondos precisos para o exercicio da súa actividade”. Por este motivo, sinalan que “así fai cultura e festas calquera”.
E é que o PSOE aprobou pagar facturas do ano pasado con fondos deste ano. Esas facturas quedaron sen pagar porque xa non había cartos de 2017 para poder abonalas. “E aí hai máis de 50.000’00€ da Delegación de Cultura”, indican.
Desde o Grupo Municipal explican que “obra no expediente un informe emitido polos servizos técnicos municipais -que é demoledor-, que deixa perfectamente en evidencia ao concelleiro de Cultura e por extensión ao alcalde por mirar para outro lado e permitir a desfeita que está facendo o edil sinalado”. Así, no informe recóllese textualmente que a realización de gastos sen a suficiente consignación orzamentaria, foi reiterada ao longo do exercicio 2017, en maior medida nas áreas de PROMOCIÓN CULTURAL e FESTAS POPULARES E FESTEXOS, ás que pertencen a maior parte da relación de facturas exposta, vulnerando, deste xeito, o disposto no artigo 173.5 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais sobre a necesidade de existencia de crédito.
Ademais, os populares fan constar que, no mesmo documento, se indica que se advertiu en reiteradas ocasións de que a ausencia de control do gasto realmente efectuado por parte do responsable da área estaba a conlevar a inexistencia de consignación orzamentaria suficiente e axeitada para facer fronte aos gastos realizados nas correspondentes aplicacións do orzamento, non obstante a existencia de crédito a nivel de vinculación xurídica. Esta circunstancia motivou que, en reiteradas ocasións, e a pesares das advertencias reflictidas en sucesivos informes de fiscalización, en especial, en relación cos gastos imputables ás aplicacións orzamentarias de ACTIVIDADES CULTURAIS e GASTOS DIVERSOS) da área de gasto PROMOCIÓN CULTURAL, así como PUBLICIDADE E PROPAGANDA e GASTOS DIVERSOS da área de gasto FESTAS POPULARES E FESTEXOS, os mesmos se imputaran con cargo ás correspondentes bolsas de vinculación, en detrimento de outras aplicacións orzamentarias destinadas a outro tipo de gastos como son subministros e enerxía eléctrica que, en consecuencia, remataron sen consignación orzamentaria suficiente para facer fronte aos gastos derivados das facturas que se inclúen na relación exposta.
A renglón seguido, engádese que […] como se sinala no punto segundo, non pode esquecerse que os gastos recollidos no presente informe foron realizados incumprindo a prohibición legal de adquirir compromisos sen consignación suficiente nos orzamentos. En consecuencia, deberá determinarse, ademsis, como indica o artigo 173.5 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais (“…sen prexuízo das responsabilidades a que haxa lugar.”),…, a posible responsabilidade patrimonial ou doutra índole causada á Administración por autoridades e persoal municipal nas súas actuacións en materia de contratación administrativa, que se esixirá, no seu caso, ao abeiro do disposto no Capítulo IV do Título Preliminar da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público para evitar no futuro este tipo de expedientes. A solución virá obviamente por un maior control sobre o gasto realizado nas distintas áreas, tratando de restrinxilo ao consignado en cada momento, aínda que isto supoña a imposibilidade de realizar determinadas actividades, debendo darse preferencia, en todo caso, aos servizos básicos e obrigatorios prestados polo Concello….lembrar que coa imputación destes gastos do exercicio anterior ao orzamento para o exercicio 2018, este quedará aínda máis diminuído para facer fronte aos da anualidade corrente, polo que será aínda máis importante o cumprimento do establecido no parágrafo anterior […].
Para os populares, o que está acontecendo na área de Cultura, “co desvío a esa área de cartos destinados a servizos públicos básicos, como indica o informe, ten o respaldo do alcalde, que mira para outro lado para non ver o que moita xente xa sospeitaba e para non tomar medidas, xa que nos consta que algún membro do goberno municipal está radicalmente en contra deste xeito de actuar do concelleiro de Cultura”, afirman.
Os populares consideran que o rexexor, “como máximo responsable desta situación”, debe tomar cartas no asunto con carácter inmediato, e mesmo debería obrigar ao edil de Cultura a comparecer ante o Pleno para das explicacións sobre este xeito de actuar.
En definitiva, “sacándolle cartos a outras áreas municipáis, fai cultura calquera, ata o actual concelleiro delegado”. Por este motivo, o Grupo do PP abstívose porque “entendemos que hai que pagar o que se debe, pero non se debe gastar o que non se ten, e menos validar co noso voto un xeito de actuar, a do concelleiro de Cultura, que nos parece cando menos reprobable”.
Contro de venda de entradas
Como era sabido, o GMP presentou unha moción para establecer unha ordenanza ou regulamento para establecer os cauces, documentos e demais requisitos para garantir a trazabilidade e custodia dos cartos que se recauden por venda de entradas para espectáculos de calquera tipo organizados polo Concello e dos pagos que con cargo a eses cartos se efectúen, quedando limitada a venda de entradas en plataformas dixitáis ou en dependencias municipais.
“Onte mesmo se nos entregou unha documentación que tiñamos solicitada a este respecto sobre cinco enventos, neste caso culturales, celebrados na Casa da Cultura, e en tal documentación consta un informe que indica claramente que […] non se advirte a existencia de caixas de efectivo abertas nin debidamente autorizadas que se refiran á presente solicitude (á presentada polo PP no seu día), descoñecendo cal é a forma de xestión destes servizos e da existencia de racadación de INGRESOS PÚBLICOS. “A venda de entradas para a celebración de espectáculos públicos pola Corporación Municipal necesariamente debe levar aparexada a aprobación dun prezo público, non constando ningún en vigor por este concepto.’”, manifestan os populares.
Os populares indican que “a moción foi aprobada por unanimidade, o que demostra que a algúns lles veu o sentido común”.



















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



