Lugo, 12 de maio de 2018. A Deputada de Cultura, Pilar Garcia Porto, asistiu este sábado ao Obradoiro de confección de saias, completamente gratuíta, que se celebra durante esta fin de semana no CENTRAD, e que imparten os artesáns de Tranxadaina. Nesta actividade os alumnos e alumnas realizan prácticas, así como clases que analizan a evolución e a historia desta vestimenta.
Durante esta xornada os asistentes coñecerán que é un traxe aldeán de garda e de qué partes se compón, e outro aspectos como a presenza da saia na vestimenta tradicional, ou a importancia do tecido artesán no traxe tradicional. Tamén se falará dos materiais empregados no traxe aldeán de garda, así como as dimensións, texturas e cores das pezas antigas, e a toma de medidas individualizada. Na quenda de tarde estúdanse asuntos como planteamento do cadrado do picote, a selección, corte e remate dos tecidos, e a colocación e marcado das partes da peza. A xornada do domingo será eminentemente práctica, con exemplos de costuras feitas á man e a colocación dos baixos á man.
Paralelamente, a Capela de Santa María continúa coa exposición da primeira gran mostra sobre o traxe aldeán de garda das terras de Lugo, provinte de Baleira, A Fonsagrada, Castroverde, O Corgo, Sarria, Portomarín, Guntín ou Muras. Todos os interesados en percorrer esta exposición poden facelo mediante visitas guiadas que correrán a cargo dos artesáns de Traxandaina. Serán os xoves días 3, 24 e 31 de maio; os martes 12, 19 e 26 de xuño. E por último os domingos 27 de maio e 17 xuño ás 12:00 horas. Para inscribirse de xeito totalmente gratuíto, Hai que cubrir o formulario que está dispoñible na web da Deputación.
García Porto agradeceu a implicación do colectivo Traxandaina nesta exposición e nestas actividades, xa que “con esta programación contribuímos a dar coñecer a nosa cultura mediante as nosas vestimentas, afondamos nas nosas tradicións, e axudamos a difundir o traballo recompilado polos artesáns da provincia”.























Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



