BURELA .- Programa de actividades que dende o I.E.S. Perdouro e o Concello de Burela van ter lugar durante esta semana para continuar co desenvolvemento do Proxecto de Innovación Lingüística.
Nota de Prensa
HOXE, MARTES 26 DE XANEIRO DE 2010
PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA GALEGA A DEBATE EN MADRID
Ciclo de cinema da U. Complutense ábrese con Modelo Burela
Auspiciado pola Asociación Memoria Social Democrática (AMESDE) coa colaboración da Universidade Complutense, vaise celebrar en Madrid o ciclo de cinema “Documentais e Curtas sobre a Memoria”.
O inicio das proxeccións, a realizar no Salón de Actos da Biblioteca Marqués de Valdecillas (Noviciado, 3), está axendado para as 18:30 horas do día 26 (martes) e contará coa presenza do Reitor da Universidade Complutense, o profesor Carlos Berzosa.
A seguir, na estrea do ciclo haberá presenza galega co documentario Modelo Burela de Matias Nicieza, que recolle en 52 entrevistas unha panorámica do proceso de implementación do proxecto de planificación lingüística aprobado polo Concello de Burela. Unha vez finalizada a proxección, abrirase un coloquio centrado na situación actual da política lingüística en Galiza. No mesmo participarán o director da fita, Matias Nicieza, e Bernardo Penabade, coordenador do Modelo Aglutinante de Planificación Lingüística (Modelo Burela).
Mañá, Mércores 27 de Xaneiro de 2010
Posta en común do Proxecto de Innovación Lingüística do I.E.S. Perdouro con dúas representantes de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. No programa preparado para esta visita que se achega noutro arquivo mostrarémoslles algunhas das actividades xa feitas en anos anteriores e entregarémoslles material tanto audiovisual como escrito do Proxecto. Será o primeiro contacto entre os dous Concellos para compartir e
Sábado, 30 de Xaneiro de 2010
XORNADA FORMATIVA PARA O PROFESORADO ENCARGADO DO DESENVOLVEMENTO DOS PROXECTOS DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA PREMIADOS.
Lugar: IES As Fontiñas, Santiago de Compostela
PROGRAMA
10:00- 10:20h
Recepción e entrega de material
Apertura da xornada polas autoridades correspondentes
10:20- 11:00h
A dinamización lingüística nos centros de ensino. Estratexias básicas do dinamizador.
Anxo M. Lorenzo Suárez
11:00- 12:00h
Competencia en comunicación lingüística e innovación
Felipe Zayas
(Catedrático de Educación secundaria. Profesor de Lingua castelá e Literatura no IES Isabel de Villena, de Valencia)
12:00- 12:30h
Pausa e almorzo
12:30-14:00h
Competencia en comunicación lingüística e competencia dixital
Felipe Zayas
(Catedrático de Educación secundaria. Profesor de Lingua castelá e Literatura no IES Isabel de Villena, de Valencia)
16:00- 19:00h
Presentación dos 11 proxectos premiados e das medidas que xa se están levando a cabo en cada un dos centros ( 10´ proxecto).
————-
MÉRCORES, 27 DE XANEIRO DE 2010
PROGRAMACIÓN “PROXECTO BERBÉS”
(O nome de “Proxecto Berbés” ocorréusenos porque hai algo que nos une: O MAR. E dase a casualidade de que tanto unha parte do porto de Burela como o de Vigo reciben o nome de Berbés)
10:00-11:15: Visita ao cemiterio parroquial coa presenza do cura párroco Don Ramón Marful e do profesor de Relixión do I.E.S. Perdouro, Antón Niñe.
11:15-11:45: Recepción no I.E.S. Perdouro.
Acto de benvida no que interviremos brevemente Juan Sama (Director do I.E.S.), Marta Souto, a Concelleira de Normalización Lingüística de Burela e a Coordinadora do Proxecto de Innovación Lingüística do I.E.S Perdouro.
Neste acto farémoslles a entrega das diferentes memorias audiovisuais e escritas feitas ao longo destes anos que levamos traballando no Proxecto.
11:45-12:35: Bernardo Penabade exporá a metodoloxía de traballo que se seguiu e que se está a seguir para facer o Proxecto.
12:35- 13:30: Visita á Escola Infantil de Burela, unha das máis antigas de Galicia e que leva aplicando o Modelo Burela dende os seus inicios, agora feito realidade e dado a coñecer polo noso Proxecto.
14: 00: Recepción no Concello.
14:30- 16:30: Comida no restaurante Miranda onde poderemos entrar no mundo do deseño da man de Xosé Miranda e no mundo audiovisual con Matías Nicieza, productor do Modelo Burela.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



