Será o día 10 de xuño, domingo. Hai dúas opcións para participar: unha inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo e o seguro de asistencia, cun prezo de 30 euros; e a outra, ademais do anterior, inclúe a comida e o prezo total é de 40 euros. Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
