NOTA DE PRENSA:
O BNG anuncia o intento de desmantelar a área sanitaria da costa pola porta de atrás.
A Xunta de Galiza recoñece no Parlamento que o Xerente da Área de Xestión Integrada asumirá as funcións do Director do Hospital
A Xunta de Galiza, con data 20 de Xaneiro de 2010, ven de responder ao Bloque Nacionalista Galego en sé parlamentaria que a Consellaría de Sanidade está a traballar na elaboración dun decreto que vai regulamentar polo miúdo as funcións do Xerente da Área de Xestión Integrada Se ben nesta mesma resposta o Goberno Galego non fixa data para a o nomeamento do Xerente da Área de Xestión, a administración autonómica determina que as funcións do mesmo corresponderanse coas que viña desenvolvendo as direccións provinciais, afirmando asemade que a única área que funciona deste xeito é a de Ferrol.
A resposta que fan os responsábeis públicos, fan boas as peores previsións que os nacionalistas tiñamos analizado sobre a proposta de centralización do mapa sanitario e do recorte da autonomía de xestión do Hospital da Costa que pasará a depender das decisións que se tomarían en Lugo. Neste sentido Antonio Veiga afirmou que “polas vías dos feitos a creación da xerencia única vai significar unha perda de autonomía da Área sanitaria da Costa, abrindo a porta o desmantelamento da mesma até converterse nunha mera sucursal do Hospital de Lugo”. O Responsábel Comarcal do BNG, en relación co anunciado na resposta sobre que a única Area de Xestión en funcionamento é a de Ferrol, quixo recordar as palabras do xerente de Ferrol nunha xuntanza con sanitarios de Burela na que este exemplificaba o funcionamento dunha xerencia única do seguinte xeito: “Eu teño varios hospitais, se me falta un facultativo no Hospital de referencia, voto mao dun doutro hospital do ámbito da xerencia”. Asemade o Portavoz Nacionalista considerou de “falsas e escusas de mal pagador” as afirmacións recollidas na resposta de que non existe Plano Director do Hospital, “posto que é publico que ese documento existe e o que se pretende agora por parte da Consellaría e non acometer os investimentos a que este obrigaba así como ampliación do Hospital de Burela para albergar novos servizos”.
Non é menor, na opinión do BNG, a clarificación que se fai na resposta sobre a figura dos equivalentes do xerente de área cuxas función se homologan no Art.5º da Orde do 15 de xuño de 2009 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde. Así no escrito de 20 de Xaneiro de 2010 refírese a disposición transitoria primeira de dita orde na que literalmente se afirma:” Mentres non se estableza a estrutura das áreas sanitarias, entenderanse por órganos equivalentes aos directores de área, os directores xerentes de atención primaria e especializada así como os directores provinciais, nos seus respectivos centros de gasto”. “Estamos logo diante da proba do algodón no sentido de que a propia Consellaría está a recoñecer, que unha vez que se poñan en marcha as xerencias da área de xestión integrada, estas absorberían as funcións que hoxe realiza o director do Hospital de Burela” afirmou Veiga.
A resposta de 20 de Xaneiro de 2010 deixa claro que a centralización da xestión sanitaria é un feito no plano de traballo do Goberno Galego e que as declaracións dos responsábeis do PP no sentido contrario non era máis que unha manobra propagandística que pretendía desmobilizar a sociedade da Mariña, para proceder ao desmantelamento da área da costa pola porta de atrás. Os nacionalistas diante da evidencia dos feitos esiximos un posicionamento claro do conxunto das forzas políticas da Mariña, nomeadamente do PP a quen lle demandamos que se posicione contra o exposto polo PP no Parlamento. Asemade desde o BNG queremos anunciar a presentación de mocións en todos os Concellos da Comarca e unha comparecencia no Pleno da Conselleira para que explique con que cronograma traballa o seu departamento para a entrada en funcionamento da Área de Xestión Integrada de Lugo.





















O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



