Cervo, 20 de xuño de 2018.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Educación, Dolores García Caramés, entregaron os diplomas aos dez rapaces e rapazas que participaron no curso de educación emocional que foi impartido nos últimos tres meses pola psicóloga Iria Díaz, na Casa da Cultura, en San Ciprián.
No obradoiro, os mozos e mozas participantes, de 3º a 6º de primaria, traballaron, segundo apuntaron, “o recoñecemento e a xestión de emocións, técnicas de autocoñecemento, habilidades de convivencia -empatía, responsabilidade, comunicación non verbal, traballo colaborativo…-; a resolución de conflitos interpersoais e diferentes técnicas de relaxación”.
Ao longo do curso, os nenos e nenas puideron participar noutros programas como o taller PÁRATE E PENSA “dirixido a mellorar a concentración e a reflexividade, a desenvolver habilidades de autocontrol, incidindo no manexo das emocións; contribuíndo así a reforzar, de xeito indirecto, as relacións sociais e o rendemento académico”, que se prolongou durante todo o ano lectivo e que rematou tamén esta mesma semana.
Outra das iniciativas que tivo moi boa acollida foi o programa FORTIUS, no que participaron 11 rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos, e que “foi concibido para promover as súas competencias persoais, mediante un conxunto integrado de coñecementos, habilidades e actitudes, co fin de fortalecer psicoloxicamente aos nenos, traballando a prevención de dificultades emocionais, contribuíndo a desenvolver unha personalidade saudable e a fomentar o seu benestar”.
Actividades de verán
O vindeiro 2 de xullo, tal e como apuntou Villares, collerán o relevo os programas Enredos de Verán, Repasando no Verán; e a nova iniciativa Cervo Concilia, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, “coa que pretendemos brindarlles ás familias unha ferramenta que lles axude a conciliar a vida laboral co coidado dos seus pequenos e das súas pequenas”.
O curso levarase a cabo os meses de xullo e agosto, de luns a venres, e en horario de 9:00 a 14:30 horas. O programa, de balde, está dirixido ás familias empadroadas no Concello de Cervo.
Caramés recordou tamén que os Enredos de Verán están dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. O punto de encontro para as actividades será na Casa do Mar de San Ciprián e o Ecomuseo de Cervo. Terán lugar os luns e mércores en horario de 11:00 a 12:30 horas, para os pequenos e pequenas de 3 a 5 anos; os mesmos días en horario de 12:30 a 14:00 horas, para os nenos e nenas de 6 a 9 anos; e os martes e xoves, de 12:30 a 14:00 horas, será a quenda dos rapaces e rapaces de entre 10 e 12 anos.
Haberá todo tipo de xogos acuáticos e actividades ao aire libre durante estes dous meses, como surf, skate, bádminton, disc golf ou xornadas centradas no medio ambiente, entre outras.
Ademais, a edil tamén sinalou que se deseñou un novo calendario de Repasando no Verán para rapaces de todas as idades que se impartirá nos diferentes locais sociais das parroquias e no que se desenvolverán “todo tipo de actividades de reforzo, cálculo, clases de inglés, e ensinaranse e poñeranse en práctica técnicas efectivas de estudo como a realización de resúmenes e esquemas”. Os horarios fixaranse en función das persoas anotadas.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



