Burela, 20 de xuño de 2018. O Concello de Burela deu a coñecer as Xeorutas que se desenvolverán durante o verán. Darán comezo o 26 de xuño e rematarán o 16 de setembro. A novidade desta edición é que serán tres as Xeorutas, que se poderán facer en grupos de 20 persoas: a da Marosa e do Perdouro, que se poñían en marcha en 2016, e a do Cantiño que empeza agora. As Xeorutas foron presentadas este mediodía polo alcalde de Burela, Alfredo Llano, e os concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández Rey e Noelia María Ben.
O edil de Turismo salientou que “como novidade este ano imos contar cunha ruta xeolóxica a maiores, que vai ser a do Cantiño onde tamén temos formacións rochosas que son moi interesantes e moi dignas de ver”.
Ramiro Fernández dixo que “seguimos apostando por unha fórmula que nos está funcionando moi ben desde que a puxemos en marcha no ano 2016, está tendo moitisimo éxito e esperamos que este ano sigan sendo un reclamo”.
O concelleiro burelés sinalou que “a primeira ruta empeza o martes, día 26 de xuño, e imos acabar o 16 de setembro. A maneira de apuntarse nestas rutas é no teléfono de información do Concello 982 58 60 00, no blog rutasxeolóxicasdegalicia.blogspot.com.es ou a través da páxina web de turismo www.turismoburela.org”.
Fernández Rey engadiu que “está reservado a 20 persoas por cada ruta, porque queremos que sexan unhas rutas nas que prime a calidade da visita e non a cantidade. A xente que queira apuntarse xa o pode ir facendo, e esperemos que sexan tan exitosas como foron ata agora”.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



