Mondoñedo, 30 de xuño de 2018.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo mantivo unha reunión coa veciñanza na que lle trasladou que nos vindeiros días iniciará as obras de reconstrución da ponte sobre o rego Valiñadares, en Coto de Recadeira parroquia dos Remedios. A actuación contará cun prazo de execución de catro meses e foi adxudicada á empresa Isidro Otero en 48.010,59 euros.
O equipo de Goberno, encabezado pola rexedora, Elena Candia, estivo no Coto onde atendeu as suxestións dos veciños e veciñas e explicou o proxecto sobre a ponte. Así, rematadas as obras da ponte, o Executivo local estudará, a proposta dos veciños, continuar o proxecto para enlazar a pista co polígono.
A ponte
A estrutura atópase moi próxima ao núcleo da Recadeira, situado ao norte de Mondoñedo e ao que se accede desde a estrada LU-160. As obras son necesarias debido á erosión sufrida polo cauce do río na cimentación dun dos seus estribos, o que produciu o seu derrubamento parcial coa rotura da placa superior. As obras refarán a estrutura derrubada permitindo a súa total operatividade no menor prazo posible.
As obras
Preténdese substituír a estrutura por unha nova que se dimensiona cumprindo os requisitos de desaugue do Plan Hidrolóxico da Demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, os medioambientais e paisaxísticos. Inicialmente procederase á total demolición da estrutura existente.
Para a execución da cimentación do pórtico será necesario xerar unha superficie seca que se manterá o menor tempo posible, mantendo en todo momento o caudal ecolóxico augas abaixo e franqueabilidade do cauce, para o que se construirá unha presa provisional formada por sacos terreiros con material xegolóxico similar ao da zona e colocación de tubos para dasaugar ao menos o caudal ecolóxico. Unha vez realizadas as obras procederase á retirada dos materiais e tubos empregados, sen alterar o cauce e drenaxe natural do río.
Proxéctase un pórtico de formigón armado in situ que presentará unha luz libre de 7 metros e unha altura libre de 2,17 metros. A ponte quedará fóra da cauce, non modificará o seu trazado nin se alterará de forma significativa a zona de fluxo preferente ou a función ecolóxica da ribeira do río, quedando os apoios fóra do cauce.
Non se impedirá o paso público peonil na zona de servidume do cauce e o pórtico anclarase ao terreo mediante dúas zapatas. As aletas da ponte construiranse mediante muros de escollera revexetada para a protección dos bordes do cauce, reducindo os efectos erosivos producidos pola auga nas beiras do río. Nas obras empregarase o mesmo material xeolóxico que se atopa no entorno, de forma que se reduzan os impactos visuais significativamente.
Substituirase a varanda actual por unha metálica tipo xamón. Cando se executen as obras non se afectará a ningún exemplar arbóreo que forme parte dos hábitats de ribeira e procurarase a realización das obras afectando tamén o menos posible ás especies de fauna que atopan o seu hábitat na zona.






















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



