A Área Recreativa de Ferreiravella, en San Martiño, estaba ateigada de xente, cun cheo ata a bandeira, e o público riu continuamente coas diversas situacións cómicas que presentaba a obra. Mándovos dúas fotos da representación, unha no momento apoteótico da aparición de El Guindilla e outra do final, cos actores saudando ó numeroso público.
