CERVO .- O Concello de Cervo fará entrega de preto de 3.000 euros en premios a repartir entre aqueles que desexen participar no desfile de Entroido de San Ciprián para todos os que se inscriban na Casa da Cultura ata o venres 12 de febreiro
Nota de Prensa
A excepción dos premios das categorías infantís os premiados recibirán o diñeiro en metálico nun baile que terá inicio a partir das dez da noite na Discoteca Pasos
CERVO REPARTIRÁ PRETO DE 3.000 € EN PREMIOS E AGASALLOS NO ENTROIDO DE SAN CIPRIÁN
* Polo simple feito de participar os que se inscriban no desfile antes do venres 12 recibirán vales para consumicións nos establecementos de hostalería colaboradores co Entroido 2010.
Cervo, 02 de febreiro de 2010.- O Concello de Cervo fará entrega de preto de 3.000 euros en premios a repartir entre aqueles que desexen participar no desfile de Entroido de San Ciprián, que terá lugar o martes 16 de febreiro. Poderase optar por participar a título individual, por parellas, como grupo ou comparsa. Os premios inclúen desde diñeiro en metálico para os gañadores ata vales para consumicións nos establecementos de hostalería colaboradores co Entroido, para todos os que se inscriban na Casa da Cultura ata o venres 12 de febreiro. Estes vales serán por valor de 5 euros para os participantes que acudan a titulo individual, de 10 euros para as parellas, de 25 € para os grupos e 50 € para as comparsas.
O punto de partida do desfile será o Pavillón Polideportivo Municipal da Veiga. Alí dará inicio un percorrido polas principais rúas de San Ciprián que rematará na Casa da Cultura. Á súa finalización, e previa deliberación do xurado, entregaranse os premios das categorías infantís e xuvenís, xunto cos vales de consumicións aos participantes. Os premios en metálico das categorías de adultos non se entregarán ata a noite, no baile de disfraces que comezará as 22.00 horas na Discoteca Pasos.
PREMIOS EN METÁLICO
Segundo explicou concelleira de Cultura do Concello de Cervo, Chelo Gallego, o reparto dos premios en metálico se efectuará do seguinte xeito:
Individual:
1º premio: 50 €
2º premio: 30 €
3º premio: 20 €
Parellas:
1º premio: 100 €
2º premio: 70 €
3º premio: 50 €
Grupos:
1º premio: 150 €
2º premio: 100 €
3º premio: 70 €
Comparsa Xuvenil-Infantil
1º premio: 250 €
2º premio: 150 €
3º premio: 100 €
Comparsa Adultos
1º premio: 400 €
2º premio: 250 €
3º premio: 150 €
AMPLO PRAZO DE INSCRICIÓN
Como novidade principal este ano aquelas persoas ou grupos interesados poderán inscribirse para participar no desfile e optar ao premio da súa categoría ata o propio día da celebración do desfile. Iso si, aqueles que opten por inscribirse o luns 15 de febreiro e o propio martes 16 de 16.00 a 17.30 horas na oficina habilitada ao efecto no Pavillón Polideportivo Municipal non terán dereito a recibir os vales para consumición nos establecementos de hostalería colaboradores co Entroido 2010, que si recibirán aqueles que fixeran efectiva a súa inscrición antes do venres 12 de febreiro (inclusive) na Casa da Cultura.
O Entroido de San Ciprián xunto co de Cervo e San Román contan coa colaboración do Concello de Cervo tanto respecto da súa organización como no financiamento dos premios. No caso do Entroido de Cervo a asociación que levará o peso da organización será Airiños do Xunco, mentres que na parroquia de San Román correrá a cargo da asociación de mulleres rurais “As Espalladoras” coa celebración dun baile de Entroido dirixido especialmente ás parroquias do rural. Na capital do Concello a cita festiva será o domingo 14 de febreiro cun desfile de Entroido e no caso de San Román o baile de Entroido terá lugar o sábado 20 de febreiro.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



