Mondoñedo, 14 de xullo de 2018.- O Concello de Mondoñedo, a través da delegación de Turismo, reparte diferentes recursos informativos por varios establecementos hostaleiros da Mariña.
O Goberno local mindoniense proporciona, así, información directa a aquelas persoas que visiten restaurantes, hoteis ou casas de turismo rural de distintos puntos da comarca co obxectivo de “dar a coñecer os nosos recursos históricos, arquitectónicos, culturais, etnográficos e naturais”. Entre eles atópanse a Cova do Rei Cintolo, a Catedral de Mondoñedo, os obradoiros artesáns do barrio dos Muíños ou o roteiro Leiras Pulpeiro.
Polo momento, xa contan con esta nova información turística de Mondoñedo no restaurante Asador, Boavista, Louzao, El Millón, Nito e Hotel Ego; ademais de distintas casas de turismo rural da zona.
A alcaldesa, Elena Candia, recorda que “o Concello continúa así a potenciar o desenvolvemento turístico de Mondoñedo tralo seu recente ingreso na Asociación ‘Los pueblos más bonitos de España’. A nosa cidade foi recoñecida como unha das dúas vilas galegas mellor conservadas e cun patrimonio de recoñecido valor; polo que agardamos un incremento na afluencia turística”, engade.
Visitas guiadas gratuítas
O Concello facilita durante este verán visitas guiadas gratuítas ao casco histórico de Mondoñedo. As programadas para o que resta de mes de xullo desenvolveranse o luns 16, o mércores 18 e o venres 20 ás doce do mediodía e o luns 23, mércores 25 e venres 27, ás cinco da tarde.
Estas engádense ás visitas guiadas á cavidade máis grande de Galicia, a Cova do Rei Cintolo, que se veñen realizando a diario en tres horarios (ás doce do mediodía, ás cinco e ás seis e media da tarde). Neste caso, un espeleólogo da Federación Galega acompaña aos grupos participantes, dun mínimo de 4 persoas e dun máximo de 10, previamente equipados con luvas, casco, lanterna ou funda que non supoñen ningún custo a maiores do prezo fixado para a visita, que é de 15 euros por persoa.
As reservas pódense concretar na Oficina Municipal de Turismo a través do teléfono 982 50 71 77 onde tamén se ofrece asesoramento sobre os outros moitos puntos de interese do municipio durante todo o ano en horario de dez da mañá a dúas do mediodía e dende as catro da tarde ás sete do serán.






















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



