Nota de Prensa
Os populares subliñan que a totalidade das prazas na residencia de Viveiro serán sostidas con fondos públicos
O PP LEMBRA QUE A SOCIEDADE QUE CONSTRÚE E XESTIONA A RESIDENCIA DE VIVEIRO SEMPRE FOI PRIVADA, POIS NO MOMENTO DA SÚA CONSTITUCIÓN O GOBERNO BIPARTITO DEIXOU O 55% DO SEU CAPITAL EN MANS DAS CAIXAS DE AFORRO
* O populares sospeitan que as críticas do BNG son consecuencia do temor a que a inminente apertura da nova residencia deixe en evidencia o nulo traballo da anterior Xunta, que investía moitos recursos en publicidade e propaganda e poucos en acelerar e axilizar a apertura de novas residencias
A Mariña, 3 de xaneiro de 2010.- O Partido Popular da Mariña vén de felicitarse toda vez que as obras da nova residencia de atención ás persoas maiores de Viveiro xa están en proceso de remate e, polo tanto, porque cada vez estea máis próxima a data final para a súa apertura. Os populares subliñan o altamente positivo que será para o conxunto da nosa comarca a creación desta nova infraestrutura de benestar social que centra o seu servizo no coidado e atención ás persoas maiores e dependentes que así o precisen.
No Partido Popular están especialmente satisfeitos polo compromiso adquirido pola Xunta diante da empresa que xestiona a residencia polo que a totalidade das prazas do novo centro serán 100% sostidas con fondos públicos ao igual que o resto das residencias que están en funcionamento (Bande e Chantada) ou que teñen prevista a súa apertura nun futuro próximo (Monforte, Vimianzo e Ourense)
O BNG EN EVIDENCIA
No Partido Popular sospeitan que as críticas que nos últimos días veñen realizando os nacionalistas están motivadas no temor do BNG a que a inminente apertura da residencia deixe en evidencia que o Goberno bipartito apostaba máis pola publicidade e propaganda que por axilizar, acelerar e poñer en servizo novas infraestructuras de benestar social, tal e como fará o novo Goberno galego nas próximas semanas.
UNHA SOCIEDADE PRIVADA DESDE A SÚA CONSTITUCIÓN
A Sociedade Galega de Servizos Sociais (SOGASERSO) desde o momento da súa constitución, o 13 de xullo de 2006, por parte do Goberno bipartito sempre contou coa maioría do capital privado, neste caso, pola participación no 55% do seu accionariado das caixas de aforro galegas. Polo tanto foi o anterior Goberno, do PSOE e do BNG quen, en todo caso, privatizou esta sociedade no momento de constituíla.
Os populares aclaran que a decisión dos actuais responsables da Xunta de Galicia de deixar de formar parte do accionariado da sociedade Sogaserso, non pode definirse de ningún xeito como privatización, tal e como pretenderon facer crer os nacionalistas, e insisten en recordar que, desde o primeiro momento, esta sociedade foi unha empresa privada.
En todo caso o PP considera conveniente explicar que por acordo da Xunta de Galicia e as caixas de aforro, non está permitido que nin agora nin no futuro poida formar parte do seu capital ningún terceiro socio distinto das caixas. A devandita estipulación ten por obxecto garantir que Sogaserso non teña nin hoxe nin no futuro fins lucrativos.




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



