Nota de Prensa
O BNG CONSIDERA QUE O PP ESTÁ A XOGAR COA VONTADE DOS VECIÑOS DAS ANTIGAS VIVENDAS SOCIAIS. ANTONIO VEIGA PÍDELLE AO ALCALDE QUE ACLARE EN PLENO SI TRABALLARÁ CON ELES PARA INSTALAR ASCENSORES NESES INMOBLES.
Barreiros, 3 de febreiro de 2010. O BNG considera que o equipo de goberno está a xogar coa vontade dos veciños das antigas vivendas sociais. Antonio Veiga lembra que en campaña electoral lles prometeron que ían instalar ascensores neses inmobles e nun pleno de novembro do ano pasado o alcalde dixo que non sería así. Os nacionalistas fan hoxe varias puntualizacións sobre esta polémica.
Antonio Veiga considera que “hai que volver un pouco atrás no tempo para lembrar como empezou esto. Todo comenzou na campaña das municipais de 2007, xusto nese mes acababan de rematar as obras de reparación deses inmobles, traballos nos que a Consellería de Vivenda gobernada polo BNG investiu 350.000 euros para subsanar as desfeitas realizadas por consellerías anteriores do PP nas fachadas e no teito destas vivendas”.
Desde o BNG lembran que “na campaña das municipais de 2007 un concelleiro do PP visitando esas vivendas dicíalles aos veciños que lle parecía moi ben que se pintasen os edificios por parte da consellería, pero que agora eles lles ían poñer ascensor. E o que nos parece máis sangrante é que este concelleiro dicía esto sobre todo nos segundos e nos terceiros pisos onde había persoas con problemas de movilidade. Era unha burda forma de pedir ou de esixir o voto. E esas promesas electorais despois parece que caen en saco roto, porque o PP falou na campaña de 2007 de todo o que lle deu a gana, pero agora o que cumpre estáse a ver, que non é nada do que dixo”.
Veiga Outeiro refírese a un acta dun pleno do 26 de novembro de 2009 “onde eu mesmo lle preguntaba e leo textualmente ¿váise poñer ascensor nas vivendas sociais? E o alcalde respostou que non… e estou lendo textualmente o acta. Estes tiras e afrouxas, uns días di unha cousa e outros di outra, ao BNG contéstalle unha cousa ao PSOE outra, eu creo que non o teñen nada claro e o que non pode facer o Partido Popular en Barreiros é xogar coa vontade dos veciños, das persoas que teñen problemas de movilidade. Eso sí que é moi grave e eso é o que estivo a facer o PP, estivo usando electoralmente a esas persoas máis necesitadas e con problemas de movilidade”.
O portavoz do BNG cre que “o PP o que lles ten que dicir aos veciños das vivendas sociais é si vai a traballar con eles para ter ascensor ou non, do mesmo xeito que os veciños viñeron falar co BNG para saber si as vivendas se ían pintar e reparar e o BNG dixo que sí e iso cumpríuse, pero o PP non cumpriu nada do que dixo. Pensamos que era interesante aclarar todo esto, e agora que dea unha resposta, pero que non diga un día unha cousa e outro día outra. De momento o que nos dixo e o que consta en papel é que non vai haber ascensor para as vivendas sociais. Si ten outra proposta que a diga no pleno e que conste en acta e despois que lles diga aos veciños unha cousa e que a faga”.




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



