Mondoñedo, 30 de xullo de 2018.- O Concello de Mondoñedo e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol celebrarán o vindeiro domingo día 9 de setembro o 80 aniversario da Ofrenda Diocesana á Virxe dos Remedios no marco das festas que honran á patroa da Diocese e que se prolongarán desde o venres día 7 ao luns día 10.
Este ano ademais de celebrar a Festas dos Remedios conmemórase o inicio da ofrenda que cada ano presentan, por quendas, as cidades e vilas de Ferrol, Ortigueira, Viveiro, Ribadeo, Vilalba e o propio Concello anfitrión, Mondoñedo. Esta distribución correspóndense coas antigas cabeceiras dos partidos xudiciais que compoñen a actual Diocese de Mondoñedo-Ferrol.
A ofrenda deste ano correspóndelle oficiala á cidade de Ferrol. A maiores, o ano que vén celebrarase o 70 aniversario da proclamación da Virxe dos Remedios como patroa de toda a Diocese.
A organización vén de dar a coñecer o cartel pintado pola artista local Irma Loureiro, así como o programa das festas. O Concello de Mondoñedo e a nova asociación Virxe dos Remedios queren promocionar esta festividade tan sentida e con moita tradición na cidade, non só para a parroquia dos Remedios, senón para todo o municipio e os seus arredores.
O programa
O programa deste ano inclúe a IV edición da Festa da Xuventude, que se celebrará o venres día 7. Participarán un total de 5 orquestras que actuarán na Alameda: Samba, Garibaldi, Ritmo Joven, Nueva Fuerza; e o luns dos Remedios a orquestra local Salsarena que ofrecerá unha sesión vermú de dúas horas.
O sábado terá lugar unha nova edición dos cantos de taberna organizados pola Asociación Gaitaescola.
Novidades
Como novidades haberá unha feira de artesanía, a actuación de bandas de música e un desfile de traxe rexional galego que se celebrará o luns dos Remedios pola tarde.
Os membros da comisión de festas xa comezaron a recadar apoios a pasada fin de semana, polo que agradecen a colaboración económica da veciñanza, comerciantes, empresarios e asociacións locais, axudas ás que se sumará a do Concello.




















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



