Burela, 10 de agosto de 2018.O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo unha xuntanza, esta mañá en Santiago coa secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez. O rexedor presentoulle unha memoria valorada do novo pavillón polideportivo co que Burela quere contar. Ocupará unha superficie construída duns 6.500 metros cadrados e atenderá todas as esixencias da Liga Nacional de Fútbol Sala. O terreo no que se levantará deberá ter 10.000 metros cadrados, xa que vai prevista unha zona de aparcadoiros e, no futuro, a construción dunha piscina. Alfredo Llano anunciou que lle presentará este proxecto á Deputación de Lugo e tamén ao goberno central co obxectivo de conseguir o maior financiamento posible.
O alcalde burelés declarou que “hoxe estiven na Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta porque xa tíñamos falado deste proxecto que temos para Burela de construír un novo polideportivo. Viñen deixar un documento, que é unha memoria valorada, para que me dean a resposta e o vaian estudando”.
Alfredo Llano explicou que “este documento encargámolo a profesionais deste tipo de construcións deportivas. Fixemos ese encargo desa memoria valorada para que nos dean unha idea de canto pode ser, non soamente a construción dun novo polideportivo senón todo o que supón, as terras que hai que mover, os metros que se necesitan e toda a información que nos serve agora para ir ás diferentes institucións reclamando unha axuda para construír este novo pavillón”.
O rexedor salientou que “este pavillón terá un valor de entre 4 e 5 millóns de euros dado que cumpre todos os requisitos que esixe a liga profesional de fútbol. Nosoutros construímos este pavillón non soamente pensando no deporte profesional, senón que pensamos basicamente na grande demanda que hai en Burela para facer deporte. Sería unha oportunidade moi grande para que moita xente puidera practicar deportes sen grandes agobios, como pasa agora que nos resulta difícil responder a todos os horarios que son necesarios no noso concello”.
Llano engadiu que “queremos tamén que este pavillón nos sirva para facer feiras, por exemplo a que imos facer esta fin de semana, a Feira de Antigüidades. E que ademais acolla actuacións musicais, eventos artísticos, exposicións e diferentes mostras monográficas, en definitiva pode dar unhas posibilidades infinitas ao noso concello. Pensamos que é unha boa obra, pero o Concello de Burela non pode asumir só todo o que fai falta. Xa digo, un pavillón que cumpra todos os requisitos e que ademais teña un ximnasio, diferentes departamentos, dous ou tres vestiarios, e todo aquilo que está pensado para grandes acontecementos, máis que un pavillón só para facer deporte. Está pensado para que sexa algo que realmente poida ser moi beneficioso para o noso concello”.
O alcalde engadiu “agora queda ese documento na Secretaría Xeral para o Deporte. Nosoutros imos procurar tamén levalo á Deputación de Lugo, e intentaremos levalo ao Goberno central a quen corresponda para ver, se entre todos, o Concello, a Xunta, a Deputación e o Goberno central, lograramos esta gran obra que sería para Burela”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



