Burela 20-8-18. Desde este luns, o xuvenil do Pescados Rubén Burela Néstor Valle Gómez, Nito, está concentrado coa Selección Española Sub-19 en Las Rozas como preparación para o primeiro Europeo da categoría.
A Vermella traballará esta semana, antes de desprazarse á localidade francesa de Montaigut o domingo para disputar un cuadrangular fronte a Inglaterra, Francia e Montenegro.
O combinado de Albert Canillas está formado por:
Porteiros: Adrián Pereira (Sala 10 Zaragoza)
Said Amar (Peña Real Madrid)
Jesús García (Movistar Inter)
Peches: Antonio Pérez (Jaén FS)
Néstor Valle (Burela)
Guillermo Barreno (Las Rozas Boadilla)
Ala-peches:Cristian Molina (Ciudad de Móstoles)
Alas: Alejandro Cerón (FC Barcelona)
Ignacio Torres (Aljucer El Pozo)
Ricardo Mayor (Aljucer El Pozo)
Javier Ignacio Gómez (Aljucer El Pozo)
Marcos Forga (Sala 10 Zaragoza)
Pivotes: Bernat Povill (FC Barcelona)
Manuel Cebrián (UD Las Rozas)






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
