Ribadeo, 22 de agosto de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE en Ribadeo, César Fernández Murias, informou este mércores que “Ribadeo será unha das 4 sedes da primeira edición da Copa Deputación de fútbol sala, na categoría masculina, grazas o labor que desempeñamos os socialistas no municipio e no Goberno Provincial”. O torneo organizado polo Executivo da Deputación e a Federación Galega de Fútbol Sala terá lugar o 3 de setembro no pavillón municipal de Ribadeo.
Murias Fernández subliñou que “tras varias peticións veciñais de traer esta competición deportiva ao noso Concello, dende o PSOE de Ribadeo decidimos trasladarlle ditas demandas aos nosos compañeiros socialistas no Goberno da Deputación que non dubidaron nin un instante en satisfacer as nosas solicitudes. Por este motivo, estamos moi agradecidos á Deputación por haber pensado en Ribadeo como un dos Concellos que poidan albergar esta cita futbolística que sen dúbida dinamizará e impulsará a economía e o turismo durante a xornada, pois se prevé que reúna a máis dun milleiro de persoas”.
O Secretario Xeral do PSOE en Ribadeo destacou que “esta iniciativa enmárcase dentro da nosa folla de ruta socialista de achegar gratuitamente diferentes iniciativas deportivas, culturais e turísticas co obxectivo de activar a vida social do noso municipio e facelo máis atractivo para a visita de turistas”.
4 equipos e 3 partidos nunha mesma xornada
O pavillón municipal de Ribadeo albergará os partidos de oitavos de final da Copa Deputación de Fútbol Sala en categoría masculina. Os encontros disputaranse entre o S.D. Xove e o Qatar F.S. e o Concello de Begonte F.S. e o Lugo Feitizo Sala. Os gañadores de ambos partidos enfrontaranse entre si en cuartos de final. O equipo gañador clasificarase para xogar a fase final do torneo. A entrada para ver os 3 encontros será totalmente de balde ç.




















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



