Lugo, 22 de agosto de 2018. O Goberno da Deputación mellorou con 80.000 euros unha estrada na parroquia de Lousada, en Xermade, que vai cara as praias da Mariña. Trátase tamén dunha vía que une a parte alta do Concello co municipio veciño de Muras, e que empregan a cotío os veciños da zona por tratarse dun atallo para ir ás praias da Mariña, concretamente ás de Viveiro, que son as que están máis preto do municipio xermadés.
Fernández Queipo destacou que “son traballos que executamos nun treito de 1 quilómetro que beneficia aos veciños do Concello de Xermade, Muras e tamén Vilalba. Son pequenas obras que teñen un grande impacto no día a día dos lucenses”. Neste senso, o Vicepresidente lembrou que o Executivo provincial investiu 40.000 euros na reparación de firme nas parroquias de Cabreiros, Fraixo e Xermade, todas elas de aproximadamente 1 quilómetro. Eran vías secundarias que tiñan fochancas e que dificultaba o acceso dunha vintena de veciños ás súas casas.
García Pernas agradeceu a “constante colaboración” do Goberno da Deputación co Concello de Xermade” e lembrou que “seguimos á espera de que a Xunta de Galicia arranxe a estrada autonómica LU-170, que é unha antiga reivindicación dos veciños de Xermade, que o Goberno de Feijóo prometeu en moitas ocasións pero nunca executou”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



