Lugo 22, agosto, 2018. O Grupo Provincial do PP denuncia o espectáculo vergoñento que está a dar a Deputación de Lugo, quen está a aplicar fórmulas de estados ditatoriais sen necesidade. Así o demostrou o Goberno do PSOE no día de onte ao facer pública unha información e unha imaxe na que daban conta do cambio de fechadura da porta da residencia da Fonsagrada.
Os populares consideran este acto “un esperpento sen precedentes” cando Suplusa quixo facerlle entrega á Deputación das chaves do centro o pasado venres 10 de agosto e non só non foron recollelas senón que agora teñen o atrevemento de dicir que non llelas deron e ordenan cambiar a fechadura.
O que evidencian estas manobras dos socialistas é que seguen sen apartar o revanchismo e as brabuconadas que os ten enfrontados entre eles pero cuxas consecuencias pagan os cidadáns e todos os veciños e veciñas usuarios das residencias, que, cómpre recordar, as súas disputas manteñen pechadas.
Son decisións ademais, apuntan desde o PP, que supoñen un custo evitable para as arcas da institución provincial e a veciñanza, polo que o Grupo Provincial do PP considera que o Goberno do PSOE debera dar explicacións sobre este feito. “Podían ter as chaves desde o día 10 de agosto, pero preferiron non recollelas e montar este circo e pagar o custo de trasladar ao persoal ata a Fonsagrada e cambiar a fechadura”, explican.
Os únicos que están incumprindo de xeito sistemático coas súas obrigas son os responsables do PSOE, que non asisten ás reunións da Sociedade Urbanística pese a formar parte dos seus órganos de administración e dirección, como a convocada o pasado día 10 de agosto.
Desde xeito, son de novo os socialistas cos seus caprichos e revanchismos os que están a bloquear e retrasar a apertura das residencias da nosa provincia, sen importarlles o máis mínimo as necesidades dos usuarios nin a situación laboral dos traballadores seleccionados no ano 2015 para desenvolver as súas funcións nos centros.
Desde o PP pídenlle ao alcalde e vicepresidente da Deputación que deixe de protagonizar espectáculos tan vergoñentos como o de onte, que cumpra coas súas obrigas como alcalde e apure as xestións para abrir a residencia canto antes. “É unha mágoa que sigan empregando as residencias como arma política cando se trata dunhas instalacións tan demandadas polos veciños e polas que levan agardando máis de dúas décadas”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



