Mondoñedo 22 de agosto 2018: A Asociación As San Lucas, organizadora das Feiras e Festas máis antigas de Galicia, xunto á alcaldesa da localidade, Elena Candia, avanzan algunha das actividades que inclúe o programa de As Lucas 2018, entre as que se atopa a celebración dun dos principais espectáculos de doma nocturna, o primeiro que se alberga en Galicia.
O presidente da Asociación, Miguel Souto, destaca que este espectáculo desenvolverase “na feira máis antiga de Galicia e no marco incomparable da Praza da Catedral, en fronte do monumento declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco”. Souto defíneo como “un espectáculo único”, que chega da man do domador Javier Simon, encargado da parte relativa aos leds, equifire e á alta escola de fantasía e na que participarán oito cabalos. Ademais, esta maxestosa actuación contará coa exhibición de doma en liberdade de Paco Martos; mentres que a danza e a coreografía serán a cargo de Marta Larriba Adell; e os malabares e o fire effect virán da man de Jaime de Morla.
Este primeiro espectáculo de doma nocturna que se celebra en Galicia terá lugar o día grande das Feiras e Festas de As san Lucas, o 18 de outubro, ás 20:30 horas na Praza da Catedral. Poderase ver un segundo pase o día 19, tamén ante o monumento declarado Patrimonio da Humanidade, nesta ocasión, ás 21:00 horas.
Música
No eido musical, a organización das San Lucas 2018 ten pechado dentro do programa para este ano a celebración do concerto do recoñecido Grupo Extra, que no marco da súa xira Euro Tour coa que está a percorrer Europa, traerá ata Mondoñedo éxitos de bachata como son ‘Es Amor’ ou ‘Me Emborracharé’. O concerto ofrecerase na Praza da Catedral o día 20, as 23:00 horas.
Ademais, as orquestras tamén serán un ano máis protagonistas das festas. O día 17, a Panorama; o 18, orquestras Compostela e Los Satélites; o 19, París de Noia e Principal; o 20, La Favorita e Israel e o 21, pechará o calendario de verbenas a formación Palladium.
Presentación do programa
O presidente da Asociación organizadora das festas, Miguel Souto, tamén anunciou que teñen previsto dende aquí ata o mes de outubro presentar o programa de As San Lucas 2018 nas setes cidades que foron capitais de provincia do Antigo Reino de Galicia, xunto con Mondoñedo. “Hoxe demos a coñecer na nosa cidade algúns dos aspectos do programa que xa temos pechado de cara a outubro e ao longo destes meses levaremos As San Lucas e ensinaremos o programa no que estamos a traballar en Santiago, A Coruña, Betanzos, Lugo, Ourense e Tui”.
Miguel Souto, quen lembrou que en pasadas edicións xa se deu a coñecer o cartel de As San Lucas en cidades como Santiago, León e Gijón, explica que este ano ampliarán estas presentacións xa que “queremos que todos os galegos e galegas se sintan orgullosos de ter unhas das feiras máis antigas de Europa”. Con este obxectivo, engadiu Souto, estamos a procurar “que As San Lucas conten cun programa variado” e no que, un ano máis, precisa, “haberá unha ampla programación cultural, na que estamos a traballar”.





















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



