No último pleno do concello de Ribadeo, celebrado o dia 31 de xullo, a concellerira do PSOE, Aurora González, preguntou al Sr. Alcalde pola resposta do goberno a unha pregunta acordada no pleno anterior sobre o uso por particulares dos espazos da Illa Pancha que non entraron na concesión para os apartamentos. “POR NUESTRO FARO” publicou notas nas que se daba conta do repetido uso destes espazos para visitas de persoas escollidas e fotografías, ben aireadas nas redes sociais.
Malia que non téñamos grabada a resposta do rexidor suliñamos a sua actitude indiferente e distante nun asunto que representa unha flagrante discriminación para a gran maioría da sociedade ribadense e mais os visitantes que se achegan aos faro nestas datas. Porque o fondo da custión é este. ¿Porqué uns si e outros non? ¿E qué pensa facer o concello mais alá de mandar unha unha nota oficial e deixar pasalo tempo indefinidamente?. A resposta do Sr. Alcalde foi tan breve como intrascendente, limitándose a dar conta da sua notificación á Autoridade Portuaria.
Como é sabido hai poucas semanas produciuse un cambio de goberno no Estado Español. Asemade o dia 3 de Xullo de 2018 o Defensor del Pueblo notificou ao noso grupo, e publicou una sua páxina web, un novo requeriento urxente á Autoridade Portuaria para que se dese resposta ao inquérito anterior datado o 4 de xaneiro de 2018 “sobre el inicio de un procedimiento de evaluación ambiental” . Esta falla de evaluación ambiental denunciada polo Defensor dende o seu primeiro informe (16.2.17) non foi recoñecida inicialmente pola AP, pero finalmente ante a insistencia do defensor a as preguntas do deputado Fernán Vello (19.12.17) acabou recoñecendo que a lexislación vixente en materia de protección á Rede Natura 2000 obligaba a completar ese estudo. Sin embargo o goberno anterior non moveu unha palla para levar adiante a devandita “evaluación”. Por ese motivo compre dirixirse ao novo goberno para que execute esa obriga e o defensor faino pedindo información “urxente”. ¿Qué fai namentras o goberno municipal de Ribadeo? ¿Qué facía cando bendecía os acordos da Autoridade Portuaria dos gobernos anteriores?. Antes todo eran parabens para “puertos” e agora, que hai unha posibilidade real de que os dereitos dos ribadenses sexan recoñecidos pola nova administración e o defensor insiste en pedir información urxente o alcalde lávase as mans, permite a entrada dos invitados escollidos sen presionar a puertos e falta ao respeto nos plenos deixando pasalo tempo e poñendo caras enfastiadas, desinterés, e mesmo dando a entender que o dereito dos ribadenses e visitantes a facer uso da illa e un asunto que lle tira do aire.




















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



