Lugo, 28 de agosto de 2018. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, anunciou este luns que xa está aberto o prazo para participar nos procesos de selección de 9 novos postos de traballo do DepuEmprego, o programa de creación de emprego da Deputación para Concellos de menos de 20.000 habitantes. Neste caso, trátase de 2 postos de operarios de servizos múltiples, no Concellos de Bóveda; e de 7 postos no de Viveiro: informático/a, socorrista, electricista, 2 postos de administrativo e 2 de peóns. O requisito indispensable para poder optar a unha destas prazas é o de estar apuntado como demandante de emprego no INEM.
No Concello de Bóveda ofértanse, a través do DepuEmprego, 2 postos de operarios de servizos múltiples. Para concorrer, as persoas interesadas poderán enviar as súas solicitudes ata o vindeiro 7 de setembro.
No Concello de Viveiro son 7 postos de traballo: 2 postos de administrativo/a, 1 informático/a, 1 socorrista, 1 electricista e 2 postos de peón. O prazo para solicitar calquera dos postos ofertados, as persoas interesadas poden facer a súa demanda ata o 4 de setembro.
Os interesados deberán dirixirse aos correspondentes Concellos para os trámites de concorrencia, pois son os encargados de levar a cabo os procesos de selección dos candidatos, que comezarán tras o peche de recepción de solicitudes. Máis información no BOP e no banner de emprego da páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



