Ribadeo, 28 de agosto de 2018. As festas patronais de Ribadeo, na honra de Santa María do Campo, comezan este sábado, día 1 de setembro, con teatro de monicreques e o pregón a cargo do profesor e escritor Carlos Álvarez Lebredo.
Os actos empezarán ás 19:00 horas no parque de San Francisco, onde a compañía Mircromina representará a obra de teatro de monicreques A familia unida. En caso de mal tempo este acto trasladarase ao auditorio municipal Hernán Naval. E ás oito e media da tarde no Teatro celebrarase o acto do pregón, no que actuará a Coral Polifónica de Ribadeo.
Carlos Álvarez Lebredo é fillo do músico Carlos Álvarez Fernández-Cid, de quen se celebra este ano o centenario do seu nacemento con varios actos na vila ribadense.
O pregoeiro das festas patronais de 2018 na honra de Santa María do Campo naceu en Ribadeo, reside en Santiago de Compostela e é profesor de Literatura Galega desde 1983. Leva publicados máis de 50 artigos de crítica literaria, outros tantos de temática musical e case 100 máis de temática ribadense. É colaborador habitual do semanario La Comarca del Eo e doutros medios. Escribiu tres libros: Cincuenta años de música en Ribadeo. Biografía musical de Carlos Álvarez Fernández-Cid, en 2003; Música e Sociedade ribadense (1900-2000), en 2007; e Ribadeo. Dous pregóns de festas e unha invitación final, en 2004. Este último recolle o seu pregón da Xira de Santa Cruz de 1996 e o Pregón das Festas Patronais de 2004.
Ademais Carlos Álvarez Lebredo participou nas Xornadas Mar por Medio do ano 2000 en Ribadeo co relatorio titulado Anglicismos en galego; e interveu no curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela A Torre dos Morteno e a Arte do seu tempo, que tivo lugar en Ribadeo en 2011, coa conferencia titulada A música na sociedade ribadense a principios do século XX. Ao longo deste ano 2018 vai publicar media ducia de traballos centrados na figura de Carlos Álvarez Fernández-Cid.
A primeira verbena das festas patronais ribadenses terá lugar o mércores 5 de setembro a partir das 22:30 horas e estará amenizada pola orquestra Los Satélites.
O xoves, día 6, ás 16:00 horas haberá teatro en inglés para nenos: Storytime Under the sea by Kids&Us Ribadeo. Ás catro e media da tarde comezarán as actividades do Parque Diverneno, con inchables, festa da escuma e máis actividades. Neste acto colabora ACISA Ribadeo e se o tempo non acompaña trasladarase ao pavillón do colexio Gregorio Sanz. A verbena dese día comezará ás 22:30 horas e contará coa actuación da orquestra Marbella.
O venres 7, véspera do día da patroa, ás 11:30 horas saíran os cocos e cabezudos acompañados do grupo folclórico Amigos da Gaita. A partir das 22:30 horas haberá verbena coas orquestras Gran Parada e Ritmo Joven. E ás doce da noite terá lugar a tradicional sesión de fogos artificiais no peirao.
O sábado 8, día da patroa, ás doce do mediodía celebrarase misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo, seguida de procesión acompañada pola Banda Municipal de Música de Ribadeo, que a continuación ofrecerá un concerto diante da Casa do Concello. E ás 22:30 horas empezará a verbena amenizada polas orquestras Gran Casino e Ibiza.
As festas patronais ribadenses rematarán o domingo 9 coa verbena que comezará as dez e media da noite e contará coas actuacións das orquestras La Favorita e Fénix.






















Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.



