Lugo, 29 de agosto de 2018. Un total de 7 autobuses urbanos do municipio de Viveiro promocionan o Centro Comercial Histórico viveirense, grazas ao apoio da Deputación e do Concello. O Goberno da Deputación, a petición da Alcaldesa, María Loureiro García, acordou unha colaboración coa Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro de 4.400 euros para financiar os custes da instalación de paneis promocionais na parte traseira destes buses urbanos, cos que poñen en valor o comercio do centro histórico do municipio.
O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, explicou que “dende o Goberno Provincial decidimos colaborar con esta iniciativa porque así no lo manifestou a Alcaldesa do Concello, María Loureiro García, así como os propios membros desta Asociación de Comerciantes”.
“Facémolo, ademais, porque dende a Deputación estamos comprometidos coa promoción e impulso do comercio local, por ser o eixo fundamental no que se sustenta parte da economía da nosa provincia. Dende as administracións públicas debemos contribuír ao impulso dos máis de 5.500 establecementos dos 67 Concellos que, ademais de xerar riqueza, pois representan 13% do PIB da provincia, dan emprego a 12.500 lucenses e que representan”, destacou.
“Queremos concienciar á cidadanía da importancia de mercar no comercio de proximidade e trasladar que mercando nos establecementos locais gañamos todos. Sen o comercio a pe de rúa, os nosos Concellos están avogados á desaparición”, apuntou.
Loureiro García puxo en valor a “importancia que establecementos incluídos do Centro Histórico do Concello teñen para a economía do noso Concello”. Neste senso, a Rexedora municipal recalcou “o compromiso destes empresarios e emprendedores que, a pesares dos tempos de dificultade, continúan apostando polo comercio local e, polo tanto, apostando por Viveiro”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



