Salamanca 4-9-18. O stand de … E para comer, Lugo chegou hoxe con La Vuelta Ciclista a España a Salamanca e estivo como cada día instalado na zona VIP da saída da etapa para facer promoción turística e gastronómica da provincia.
A novidade durante esta mañá foi que as tapas repartidas aos visitantes foron elaboradas por integrantes da Asociación de Cociñeiros da Mariña, así mesmo sucederá este vindeiro xoves desde Mondoñedo e o venres desde Candás.
Os chefs que cociñaron esta mañá foron David Rodríguez Moledo, de A Mirandilla de Rinlo (Ribadeo); Bruno Perna Arnaú, de A Horta de Paula (Mondoñedo), e Waldo José González, da panadería Rubal (Mondoñedo). A eles sumaranse nos vindeiros días Jesús Villarino Gavín, do restaurante Asador (Barreiros); Jorge López, de O Pazo de Tovar (Lourenzá); Michel Cociña, de Casa Miranda (Burela), e Alejandro Arca Uría, de Arume Gastrobar (Viveiro).
Todos os aperitivos son elaborados con produtos da terra e ofrecéronse diferentes platos como empanada de Galo de Mós en berza da horta de Mondoñedo; pescada de Burela, mousse de Faba de Lourenzá e xel de Pementos de Mougán; Fabas de Lourenzá con Cordeiro de raza Ovella Galega; steak tartare de Rubia Galega con Arzúa Ulloa e Pemento de Mougán sobre Galletas Daveiga, e crema de queixo do Cebreiro e Mel de Galicia.
Esta é a sétima edición de La Vuelta na que participa a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), co apoio de Turismo de Galicia e a colaboración de asociacións de produtores e varios consellos reguladores como o consello regulador da Ribeira Sacra, Ternera Gallega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo do Cebreiro, Pataca de Galicia e Castaña de Galicia, así como Avimós, Asovega, Asoporcel, Fabas de Lourenzá, Armadores de Burela, Galletas Daveiga, Grelos de Galicia, Pementos de Mougán, Mel de Galicia e Afapan. Este ano estréanse na lista de colaboradores a firma Leite 100 % Galega e a Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega (Acruga).
Como vén sendo habitual, tamén se difunden exemplares da guía … E para comer, Lugo.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



