Así o confirmou hoxe o alcalde, Alfredo Llano, quen engadiu que “estarán pechadas ata que pase o coche escoba desta volta ciclista. Serán dúas horas ou incluso un pouco máis. Pero todo estará perfectamente sinalizado”. Desde o Concello animan a acudir a ver esta cita deportiva que encherá de color moitos municipios da Mariña.
