Lugo, 15 de setembro de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, supervisou este sábado o remate das obras na estrada LU-P-2009, que vai do Peirao de Foz a Bispo Santo, por Marzán, que contaron cun investimento de 5.000 euros da Deputación. As melloras nesta vía estaban proxectadas entre os puntos quilométricos 1,6 e 1,9, é dicir, da zona da báscula en adiante. Finalmente, o Presidente da Deputación, porque así llo solicitaron os veciños da zona, decidiu mellorar case o dobre, acondicionando dende os xardíns ata a báscula. Os traballos consistion na limpeza de cunetas, e na mellora do firme, coa renovación da capa de rodaxe con aglomerado en quente. Tamén se executarán traballos de sinalización horizontal e vertical e pintado, co que se incrementará a seguridade nesta vía.
Campos Conde destacou que “dende o Goberno da Deputación estamos comprometidos coa posta en valor das infraestruturas públicas e servizos dos veciños do Concello de Foz, co fin último de mellorar a súa calidade de vida. De feito, durante este mandato, investimos máis de 1,4 millóns de euros para financiar novas obras no municipio como o acondicionamento de accesos en Vilaronte, Fazouro, San Acisclo e Córdido, Ribela en Cagas e barrio de Escanlar; reforma dos parques das Lagoas, Campo da Cabana e Conde Fontao; mellora do espazo público nas Torres de Foz; rehabilitación do campo de fútbol; a adquisición de terreos do Castro das Engrobas; así como unha das obras máis importantes para os veciños, a humanización e reordenación do tráfico na Avenida Álvaro Cunqueiro, na que investimos 700.000 euros”.
Actuacións complementarias
Campos Conde informou que os traballos que financiou a Deputación nesta vía, compleméntanse aos da LU-P-2010, de Bao a Ver; que están a piques de rematar. Deste xeito, o Goberno da Deputación, fixo un esforzo inversor de 75.000 euros, cos que se melloran as infraestruturas e dotacións públicas das que dispoñen os veciños da provincia, dentro da aposta deste Goberno por converter á de Lugo nunha Deputación coas persoas, sumamente social, e rural.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



